Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican laudos arbitrais correspondentes ás reclamacións instruídas pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XA 82/2000 e outro máis).

Por esta cédula notifícanselles ós reclamados, cos datos e último enderezo coñecidos sinalados no anexo desta cédula, os laudos arbitrais dictados pola Xunta Arbitral de Transportes, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de anulación perante a Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días

contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o caso, á interposición de demanda de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 509 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ós reclamados de enderezo descoñecido, ou ben porque intentada a notificación esta non se puido efectuar, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Reclamante-Demandado-Último enderezo coñecido-Feitos reclamación-Data-Contía demanda-Data vista xunta arbitral-Lugar

XA 82/2000

Transporte, Distribución y Servicio, S.A.

Gallega de Licores Gondomar

Areal, nº 18-2º oficina 5

36201-Vigo

Falta de pagamento de portes de transportes

Decembro 1997, xaneiro e abril de 1998

164.039 pesetas

24 abril 2001

Dirección Xeral de Transportes

Políg. das Fontiñas. Edif. Área Central Prza. de Europa 5 A 2ª planta

Santiago de Compostela

Estimada a reclamación

XA 20/2000

José Manuel Sánchez Fandiño

ST. nº 45 Nueva Logística y Almacenaje

Parroquia de Cortiñán, F-15

Polígono de Bergondo

15165-Bergondo

Falta de pagamento de portes de transportes

Meses de xuño e xullo de 1999

493.000 pesetas

24 abril 2001

Dirección Xeral de Transportes

Políg. das Fontiñas. Edif. Área Central Prza. de Europa 5 A 2ª planta

Santiago de Compostela

Estimada a reclamación