Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

PREMIOS de Investigación González Llanos, Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero. 2000-2001.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan estes premios co fin de apoiar e impulsa-los labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñería naval, humanidades, enxeñería industrial e as áreas da saúde e relacións laborais respectivamente. Estes premios terán carácter bianual e convócanse para o ano 2001 os Premios de Investigación Enxeñeiro Comerma de Enxeñería Industrial e Antonio Usero da área de Relacións Laborais. Cada galardón estará dotado con 2.000.000 de pesetas.

Prazo de presentación: antes do 15 de setembro de 2001. Máis información: htt://www.cdf.udc.es; teléfono: 981 33 74 00, extensión 3659. Correo electrónico: premiosinv*ares.six.udc.es.

Ferrol, 28 de maio de 2001.

Manuel José Recuero Astray

Vicerrector do Campus de Ferrol