Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

En sesión plenaria do día 24-4-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas reguladoras do concurso para o outorgamento da concesión administrativa da construcción e explotación do estacionamento para vehículos en Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da obra: 18 meses.

Fianza provisional: 1.500.000 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamenteo das obras.

500.000 pesetas pola prestación do servicio.

Garantía adicional: 6% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: presentaranse en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 25 de maio de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde