Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación de procesos asistenciais con ingreso de pacientes con patoloxía psiquiátrica, derivados do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos. Sudirección Xeral de Orzamentos; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: atención de pacientes con procesos psiquiátricos agudos que requiran tratamento en réxime de hospitalización completa, derivados do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo previsto de corenta millóns (40.000.000) de pesetas, 240.404,84 euros.

5. Fianzas e garantías: non se esixen.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase conforme o establecido no número 5.3º (puntos 11 e 12) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6.3º do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e segundo establece o punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos