Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no arrendamento de local para dependencias do Instituto Galego de Promoción Económica en Ourense.

En cumprimento do disposto nos artigos 22 e 18.2º da Lei 3/1985, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 55 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, e á vista das competencias atribuídas polos artigos 1 e 7 da Lei 5/1992, de creación do Igape, en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape do 30 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 81, do 27 de abril),

RESOLVO:

Facer público que, por razón das especiais características que debe reuni-lo local para atende-las necesidades administrativas que ten que satisface-lo Igape na cidade de Ourense, se xustifica a utilización do procedemento de contratación directa do arrendamento dun local sito na rúa Valle Inclán, nº 2 de Ourense.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica