Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de comercio de mobles da provincia da Coruña.

Visto o texto de revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de comercio de mobles da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Comercio de Muebles da Coruña, e, da parte social, por CCOO, UGT e CIG, o día 26-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballos, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en matearia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás respresentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-la seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresas do comercio de mobles da Coruña

Acta.

Asitentes:

Parte empresarial:

Miguel Agromayor Vázquez.

Fernando Fernández Fernández.

José Fernández Bonome.

Parte social:

José Ramón Grela Castro (CCOO).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Lois Soto Sabio CIG).

Na Coruña, ás 17 horas do día 26 de febreiro de 2001, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo provincial para as empresas do sector do comercio de mobles.

O punto único é a elaboración das táboas salariais para o ano 2001 en aplicación do artigo 3 do convenio.

Acórdase:

1. Elabora-las mencionadas táboas para o ano 2001, incrementando o 4,2% correspondente ó 3,7% do IPC real do 1-2-2000 ó 31-1-2001 máis 0,5 puntos, segundo estipula o artigo 3 do convenio vixente.

2. Aproba-las táboas que se xuntan para a súa publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás 17.30 horas da data arriba indicada.

Táboas salariais-2001

CategoríaSalarios ano 2001Cómputo anual

Grupo I

Persoal técnico titulado
Titulado grao superior136.026 ptas.2.040.390 ptas.
Titulado grao medio126.977 ptas.1.904.655 ptas.

Grupo II
Persoal mercantil non titulado
Director164.782 ptas.2.471.730 ptas.
Xefe de persoal136.026 ptas.2.040.390 ptas.
Xefe de compras136.026 ptas.2.040.390 ptas.
Xefe de vendas136.026 ptas.2.040.390 ptas.
Encargado xeral136.026 ptas.2.040.390 ptas.
Encargado de establecemento126.977 ptas.1.904.655 ptas.
Persoal mercantil propiamente dito
Dependente104.765 ptas.1.571.475 ptas.
Axente de praza105.737 ptas.1.586.055 ptas.
Aprediz de 1 ano70.948 ptas.1.064.220 ptas.
Aprendiz de 2º ano73.925 ptas.1.108.875 ptas.
Aprendiz de 3 ano79.412 ptas.1.191.180 ptas.
Traballador menor de 18 anos (1 ano)73.924 ptas.1.108.860 ptas.
Traballador menor de 18 anos (2º ano)79.412 ptas.1.191.180 ptas.

Grupo III
Persoal administrativo
Contable126.977 ptas.1.904.655 ptas.
Oficial administrativo107.755 ptas.1.616.325 ptas.
Auxiliar administrativo97.476 ptas.1.462.140 ptas.

Grupo IV
Persoal de servicios e actividades auxiliares
Escaparatista108.415 ptas.1.626.225 ptas.
Deliniante103.273 ptas.1.549.095 ptas.
Oficial 1ª e chofer (con permiso de conducción de 1ª)103.111 ptas.1.546.665 ptas.
Oficial 2ª e chofer (con permiso de conducción de 2ª)99.794 ptas.1.496.910 ptas.
Axudante97.478 ptas.1.462.110 ptas.
Mozo especializado97.474 ptas.1.462.110 ptas.
Mozo97.056 ptas.1.455.840 ptas.

Grupo V
Persoal subalterno
Cobrador104.965 ptas.1.571.475 ptas.
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro e persoal de limpeza89.761 ptas.1.346.415 ptas.