Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 04 de xullo de 2001 Páx. 9.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de xuño de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 23 de febreiro de 2001 (DOG nº 47, do 7 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Administración Local, emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5.2º da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos:

1. Vehículos tipo turismo: Cariño, Mondoñedo, Celanova, Verín, Poio e Vilanova de Arousa.

2. Vehículos tipo todo terreo: Malpica de Bergantiños, A Pobra do Caramiñal, A Rúa e Sanxenxo.

3. Motocicletas: Porto do Son, Santa Comba, Chantada, Cambados, Cangas, A Guarda e Pontecesures.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de repo

sición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais