Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se adxudican as bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados universitarios en informática e titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática, convocadas por Orde do 30 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 4 de maio).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de abril de 2001 (DOG do 4 de maio) aproba as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados universitarios en informática e titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do PGIDT e prevé a concesión das citadas bolsas.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo a proposta elaborada pola correspondente comisión de selección, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar desertas as tres bolsas para titulados universitarios en informática convocadas no punto primeiro da orde, por non terse presentado ningunha solicitude da titulación requirida.

Segundo.-Concederlles bolsas para realizar prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia ós técnicos especialistas de FP2 das especialidades de Informática que se relacionan no anexo I desta resolución.

Terceiro.-As bolsas relacionadas no anexo I desta resolución abranguen desde o 15 de xuño de 2001 ó 31 de maio de 2002 e os pagamentos faranse conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Cuarto.-Para os efectos de posibles renuncias, de conformidade co establecido no parágrafo quinto da base oitava da orde de convocatoria e de acordo coa proposta da comisión, esta secretaría xeral procederá, se é o caso, en función dos créditos remanentes, a adxudica-la devandita axuda a outros candidatos tendo en conta a lista de suplentes que se indica no anexo II desta resolución e pola mesma orde en que se citan.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución, poderán os interesados interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 30-4-2001, DOG do 4 de maio)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Bolsas concedidas

SolicitanteDNI

Vilariño Figueira, José Manuel34892496R
Aldao Cores, Borja36073901B
Fernández Rodríguez, Emilio34983099F

ANEXO II

Relación de suplentes

OrdeSolicitanteDNI

1Rodríguez Álvarez, Víctor Manuel36156875R
2Vilariño López, Ana Belén15378646H
3Maciñeiras Cedrón, Pedro José33318899H
4Sieira Otero, Teresa52455144X
5Fernández Macía, Joaquín71507119G
6Enríquez Fernández, Elvira71509861D
7Preciado García, Marta52495186D