Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001 pola que se conceden as axudas para incorporación de investigadores visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma, convocadas por Orde do 11 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 24 de abril).

Por Orde do 11 de abril de 2001 (DOG do 24 de abril), convocáronse axudas para a incorporación de investigadores visitantes a organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola correspondente comisión de selección, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas ós organismos que se relacionan no anexo a esta resolución para a incorporación dos investigadores que se citan durante os períodos indicados.

Segundo.-A inobservancia por parte dos benenficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 11 de marzo de 2001 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Os pagamentos faranse conforme o establecido nas correspondentes bases.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta

resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimaren a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 11-4-2001, DOG do 24 de abril)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO

Universidade da Coruña.

Investigador visitante

Duración

en meses

Importe total

en ptas.

Hugh Douglas Burrows1250.000

Leopoldo García Ruiz3750.000

Marlene Cristina Alves41.000.000

Rosa Vieira Sidney2500.000

Rüdiger Schmelz51.250.000

Universidade de Santiago de Compostela.

Investigador visitante

Duración

en meses

Importe total

en ptas.

Alberto Miguel Stchigel2500.000

Diana Inés Roncaglia3750.000

Fredy Sussman61.500.000

Iliana Perdomo López61.500.000

Mark Johan Van Raaij2500.000

Massimo Lazzari3750.000

Susana Ríos Rodríguez3750.000

Tomás Lang korpel0,5125.000

Vicente José Blanco Pérez2500.000

Yolanda Pazos Randulfe71.750.000

Universidade de Vigo.

Investigador visitante

Duración

en meses

Importe total

en ptas.

Alejandro Córdoba Aguilar1250.000

Clifford Neal Dahm0,3382.500

David Bessieres3750.000

David Michael Hubbard1250.000

Henry Markham Page1250.000

Inmaculada Torres Castro41.000.000

J.P. Das1250.000

Nicholas Ostle1250.000

Rolando Chamy Maggi0,2562.500

Sergas.

Investigador visitante

Duración

en meses

Importe total

en ptas.

Tomás Ernesto Verdura González61.500.000