Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de xuño de 2001 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación de Vigueses Distinguidos para la Defensa de la Ciudad.

Visto o expediente de clasificación da Fundación de Vigueses Distinguidos para la Defensa de la Ciudad, con domicilio en Vigo (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Luis Espada Recarey, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito do 22 de maio de dous mil un, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día dez de maio de dous mil un, ante o notario Gerardo García-Boente Sánchez, co número mil trescentos sesenta e nove do seu protocolo, por Luis Espada Recarey, Mª Luisa Piñeiro Porto, Bernardo Miguel Vázquez Gil, Delfina de la Luz Cendón Orge, Gerardo González Martín, Adriano Antonio Marques de Magallanes e Mª Teresa Ramona Rosario Vidal Gallego, que comparecen no seu propio nome.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é potenciar un viguismo integrador que axude á vertebración social, e aberto a tódolos horizontes.

4. O padroado da fundación estará integrado por Luis Espada Recarey como presidente, Bernardo Vázquez Gil como secretario e María Luisa Piñeiro Porto, Delfina de la Luz Cendón Orge, Gerardo González Martín, Adriano Antonio Marques de Magallanes e María Teresa Ramona Rosario Vidal Gallego como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación de Vigueses Distinguidos para la Defensa de la Ciudad, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do pro

tectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 12 de xuño de dous mil un.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación de Vigueses Distinguidos para la Defensa de la Ciudad e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública