Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.935

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xuño de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda.

O Decreto 312/2000, do 28 de decembro (DOG nº 65, do 2 de abril de 2001) establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda. O dito decreto incorpora as competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de seguros, polo Real decreto 1748/1999, do 19 de novembro, asumidas pola citada consellería polo Decreto 321/1999, do 16 de

decembro, e recolle así mesmo de acordo cos criterios de eficacia e de economía unha nova distribución de funcións noutras áreas. Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da consellería.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de xuño de dous mil un, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda, nos termos que se sinalan no anexo deste acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

EF.A01.00.000.15770.001

EF.C02.00.000.15770.001

EF.C02.00.000.15770.002

EF.C03.00.000.15770.001

EF.C04.00.000.15770.001

EF.C05.00.000.15770.001

EF.C06.00.000.15770.001

EF.C07.00.000.15770.001

EF.C99.10.000.15001.001

EF.C99.10.000.27001.001

EF.C99.10.000.32001.001

EF.C99.10.000.36001.001

EF.C99.20.000.36560.001

Secretario/a de director

Secretario/a do conselleiro

Secretario/a do secretario xeral e do Patrimonio

Secretario/a interventor xeral da C.A. de Galicia

Secretario/a director xeral (negociado)

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado (negociado)

Secretario/a delegado

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza

EF.A01.00.001.15770.011

EF.C02.00.001.15770.015

EF.C02.00.001.15770.021

EF.C02.00.002.15770.018

EF.C99.10.000.15001.048

EF.C99.10.000.15001.049

EF.C99.10.000.27001.025

EF.C99.10.000.27001.026

EF.C99.10.000.32001.034

EF.C99.10.000.32001.035

EF.C99.10.000.36001.031

EF.C99.10.000.36001.032

EF.C99.20.000.36560.036

EF.C99.20.000.36560.037

Xefe Sección de Contabilidade e Habilitación

Xefe Sección Rex. Econom. de Persoal

Xefe Sección Xest. Econom. Habilitado

Xefe Sección Habilitación Alugueres

Xefe Sección de Tesourería e Habilitación

Xefe Negociado (Habilitación)

Xefe Sección de Tesourería e Habilitación

Xefe Negociado (Habilitado)

Xefe Sección de Tesourería e Habilitación

Xefe Negociado (Habilitación)

Xefe Sección de Tesourería e Habilitación

Xefe Negociado (Habilitación)

Xefe Sección de Tesourería e Habilitación

Xefe Negociado (Habilitación)

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos e valores públicos.

EF.C06.00.002.15770.009

EF.C06.00.002.15770.025

Xefe Sección Tesourería

Xefe Sección Programación de Pagamentos do Sergas

Postos de especial responsabilidade derivada da realización e efectividade de pagamentos da Administración da Xunta.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintenove de xuño de dous mil un, relativo á modificación da relación dos postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública