En cumprimento do disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e logo de informe conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública, anúnciase convocatoria do proceso selectivo para cubri-los postos de traballo que a continuación se citan:
Nº postosCategoría
1operador de ordenadores
1administrativo-oficial 1ª (CIC)
1ordenanza-conductor
A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.
Os candidatos terán que achegar á solicitude, que se presentará no domicilio social da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, sito en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, todos aqueles documentos que acrediten os méritos que aleguen no seu currículo. O prazo para a presentación de solicitudes, conforme o modelo depositado na sede da sociedade, e demais documentación será dun mes a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio.
A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite no mesmo enderezo antes citado.
Santiago de Compostela, de de 2001.
Manuel Villar Rosende
Director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo