Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.928

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da contratación, en réxime de arrendamento, do servicio de bar e cafetería-comedor da CRTVG e as súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso:

Nº de expediente: 01281C.

Obxecto: contratación, en réxime de arrendamento, do servicio de bar e cafetería-comedor da CRTVG e as súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A., nas instalacións sitas en San Marcos, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación no anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG das 8 ás 14 horas, días laborables.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados en días e horas de oficina (das 8 ás 14 horas, días laborables), no Servicio Común de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, sita no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de Compostela.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo