Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, e de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola Comisión de Goberno en sesión ordinaria celebrada o 24 de outubro de 2000, convoca a seguinte licitación:

Denominación: separata do proxecto de ampliación do cemiterio municipal, 3ª fase.

Prazo de duración: 5 meses.

Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

Orzamento de licitación: 20.480.410 pesetas (123.089,74 euros).

Garantías:

Provisional: 409.608 pesetas (2.461,79 euros).

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

Presentación de ofertas: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte á última publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións.

Información: Concello de Sarria, rúa Maior, 14-Sarria; tlf.: 982 53 50 00; fax: 982 53 09 16.

Gastos: os gastos do anuncio serán por conta do contratista adxudicatario.

Anuncio extenso: publiouse no BOP de Lugo do 20 de xuño de 2001.

Sarria, 21 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado