Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) As Arrepentidas-Carme de Abaixo.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 28 de decembro de 2000, aprobou definitivamente o Plan parcial do solo urbanizable non programado número 10 (SUNP-10) As Arrepentidas-Carme de Abaixo, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 119, o día 26 de maio de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do plan parcial definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde