Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001 pola que se anuncia o concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, a adquisición de bens inmobles no núcleo histórico de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Oficialía Maior.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: a adquisición por concurso dun ou varios edificios para o desenvolvemento de tarefas administrativas.

2.2. Condicións dos inmobles: os inmobles deberán estar no núcleo histórico de Ourense. O Concello de Ourense poderá adquirir un ou varios dos que se lle ofrezan, podendo declarar deserto o concurso se considera que as ofertas presentadas non satisfán as necesidades municipais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

4.1. Importe total: 200.000.000 de pesetas (1.202.024,21 euros), IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros).

5.2. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6.1. Entidade: Oficialía Maior.

6.2. Enderezo: praza Maior, 1.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 06.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 10.2º do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o cuarto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 28 de maio de 2001.

Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González

Concelleiro