Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión do día 31 de maio de 2001 a modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento de Ordes, de iniciativa particular promovida por Rafael Castro Veiras correspondente ó contorno da praza de abastos de Ordes, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderá ser examinado na secretaría do concello para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por un ano as licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións no ámbito territorial desta modificación puntual. A suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Ordes, 20 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado