Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a xestión do seguinte servicio público:

Obxecto: concesión dun posto no mercado municipal de Perillo con destino a supermercado, así como a construcción das obras de adecuación e reasentamento de postos.

Orzamento de licitación: 13.405.000 pesetas; dos cales 8.000.108 pesetas serán obras que vai realiza-lo concesionario de acordo co proxecto técnico redactado. O resto será o importe líquido de licitación.

Fianzas.

Provisional: 268.100 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo da concesión: vintecinco (25) anos.

Prazo de execución das obras: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 19 de xuño de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa