Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 21 de maio de 2001, as actuacións urbanísticas no Polígono Campo da Feira, consistentes en:

-Sistema de actuación aplicable á unidade de execución (polígono) de Padrón.

-Estudio de detalle da unidade de execución (polígono) de Padrón.

-Proxecto de urbanización unidade de execución (polígono) de Padrón.

-Proxecto de reparcelación de unidade de execución (polígono) de Padrón.

En cumprimento do disposto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Padrón, 31 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado