Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores 141/2001-I e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, por non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa delegado o provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na delegación provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 1 de xuño do 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito

denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

141/2001 IJosé Luis Álvarez Quintas

34.947.870

Avda. Buenos Aires, 80

32004 Ourense

Abandono de vehículo OR-2121-BArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito

denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

164/2001 IJosé Antonio Almarza González

10.048.195

Rañadero, 9

24400 Ponferrada

Abandono de vehículo LE-57937Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

167/2001 IJosé Luis Dobarro

34.992.035

Rúa Uruguai, 2

32500 O Carballiño

Abandono de vehículo OR-6171-EArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000