Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores 17/2001-I e 21/2001-I, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro do 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 5 de xuño de 2001.

Montserrat González Pérez

Instructora

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 17/2001 I.

Denunciada: María Esther Buján Mata.

DNI: 32.820.228.

Último enderezo coñecido: rúa San Vicente, 1-3º, 15007 A Coruña.

Feito denunciado: abandono de vehículo C-3122-AV.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios durante o ano 2001.

Sanción: 50.000 pesetas.

Expediente: OU 21/2001 IN.

Denunciada: María Lourdes Nóvoa Gómez.

DNI: OR-010196.

Último enderezo coñecido: 32514 Boborás.

Feito denunciado: abandono de vehículo 2-OR-2520.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios durante o ano 2001.

Sanción: 50.000 pesetas.