Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de Cece-Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de Cece-Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación as asociacións provinciais constituídas por centros ou empresas que se dediquen á actividade do ensino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Basilio Toyos Alonso, en representación da Asociación Provincial de Empresarios de Centros de Enseñanza no Estatal de Pontevedra, e tres persoas máis representando a outras asociacións.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais