Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Centros Privados de Formación Ocupacional (Acefo).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 14 de maio de 2001, certificación expedida pola secretaria da devandita asociación, Marina Balsa Rubiños, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva na reunión celebrada o día 30 de marzo de 2001, e que consiste no cambio do

domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Concepción Arenal, nº 18-baixo, Lugo.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais