En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 15 de maio de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Xavier González Torre, avalada co visto e prace do presidente, Jacobo Feijóo Lamas, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta xeral extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o día 5 de febreiro de 2001, e que consiste na modificación do artigo 8 dos estatutos que fai referencia ós fins e obxectivos da asociación.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais