Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/175-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento r/ Eduardo Cabello.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. BAL 7.32, na rúa Eduardo Cabello, alimentando en bucle o centro de seccionamento que se proxecta nomeado Eduardo Cabello, rematando no punto de inicio da liña, no concello de Vigo. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra