Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T. O Burgo.
Situación: Pontevedra.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 256 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde un apoio s/n do dobre circuíto A Caeira-Bora á derivación autoestrada-O Vao, ata o apoio s/n do dobre circuíto A Caeira-Bora a C.T. malecón, no concello de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 9 de maio de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra