Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/173-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. polígono Torneiros-Ribeira-Gaita.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 103 m de lonxitude, con conductor LA-110, desde apoio metálico nº 14 da L.M.T. Atios, Gaita, cidade universitaria, ata o apoio proxectado nº 3, desde onde continúa en subterráneo. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.010 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 3 da liña proxectada anterior, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Gaita, continuando ata o C.T. existente nomeado polígono Torneiros-Ribeira, a reformar. C.T. de 400 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e R.B.T. subterránea, de 70 m de lonxitude, con conductor R.V., ambas con orixen no C.T. Gaita. Reforma C.T. polígono Torneiros-Ribeira cun conxunto de celas compactas SF6. Concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra