Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/176-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de distribución colexio Salesianos-r/ Venezuela.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 22 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T.S. BAL 7.17 entre os CC.TT. López Neira e Loriga, alimentado en bucle o centro de distribución que se proxecta no baixo do colexio Salesianos, na rúa Venezuela, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra