Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xuño de 2001 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Manuel María da Terra Chá.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Manuel María da Terra Chá, con domicilio en Guitiriz (Lugo).

Supostos de feito.

1. Xulio Giz Ramil, na súa calidade de secretario do padroado da fundación, en escrito de 16 de marzo de dous mil un, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Guitiriz, o día tres de xullo de dous mil, ante o notario Luis Baciero Ruiz, co número trescentos un do seu protocolo por Manuel María Fernández Teixeiro, Saleta Goy García, Alfonso Blanco Torrado, Baldomero Iglesias Dobarrio, José Luis Rivas Cruz, Julio Modesto Giz Ramil e María Pilar Trinidad Campo Domínguez en representación da Asociación Xuvenil Cultural Xermolos. Esta escritura foi rectificada por outra posterior con data do doce de marzo de dous mil un outorgada en Guitiriz ante o mesmo notario e con número de protocolo cento seis.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é estimular e favorece-la cultura galega en xeral, e a da comarca da Terra Chá en especial, con decidida vocación ou especialidade orientada á literatura, o folclore, a tradición, a artesanía, as artes plásticas, o patrimonio e en fin, canto poida ser englobado dentro da denominación de cultura.

4. O padroado da fundación estará integrado por Manuel María Fernández Teixeiro e Saleta Goy García como presidentes de honra, Alfonso Gabriel Blanco Torrado como presidente, José Luis Rivas Cruz como vicepresidente, Julio Giz Ramil como secretario, Baldomero Iglesias Dobarrio como tesoureiro e María Pilar Trinidad Campo Domínguez como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Manuel María da Terra Chá, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral

de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día doce de xuño de dous mil un.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Manuel María da Terra Chá e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública