Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.824

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (164/2001).

Juan Rey Pita, en funcións de secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 164/2001 por instancia de Manuel Estraviz Sánchez contra Núcleo Gestión, S.L. sobre despedimento nos que recaeu sentencia en data 24-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Manuel Estraviz Sánchez contra Núcleo Gestión, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efecutado ó demandante condenado a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión do traballador nas mesmas con

dicións que rexían antes de producirse o despedimento, co aboamento da cantidade de 556.348 pesetas en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 4.600 pesetas/día.

Así por esta miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días a contar desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen ese requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso

declarándose ó mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e firmo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación á empresa Núcleo Gestión, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, 24 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado