Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.824

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (890/2000).

Juan Rey Pita, en funcións de secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 890/2000 por instancia de Ángela María Duarte e outras contra Josefa P. Rodríguez García sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 24-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Ángela María Duarte-Lopes do Rosario, María Cristina Balsa Sánchez e María Montserrat García Martínez contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García, debo condenar e condeno a demandada a que aboe ás demandantes as cantidades seguintes: a Ángela María Duarte-Lopes do Rosario, 26.610 pesetas; a María Cristina Balsa Sánchez, 56.768 pesetas; a María Montserrat García Martínez, 56.768 pesetas, por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa Josefa P. Rodríguez García, expido e asino a presente cédula na Coruña, 24 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado