Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da Dirección do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se adxudican bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia.

Por Resolución do 29 de decembro de 2000, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, convocáronse 3 bolsas ou axudas económicas de especialización para a realización de estudios sobre a muller e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia.

De conformidade co previsto na base sexta da citada resolución, correspóndelle á directora do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller resolve-la adxudicación das bolsas de especialización.

Na súa virtude, observados os trámites establecidos na resolución de convocatoria á vista da proposta definitiva elevada pola comisión de selección prevista nela,

RESOLVO:

Adxudica-las bolsas ás beneficiarias que figuran no anexo desta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente

recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. En todo caso, se se opta pola interposición do recurso de reposición, non se poderá deducir recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO

Elena Sarria Hermida-Cachalvite: 34990297Y.

Yolanda López Pedreira: 32818252N.

Mª Ángeles Busto García: 32415467A.