Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Indusal Rías Baixas, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Indusal Rías Baixas, S.A., con nº de código 3603442, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polas delegadas de persoal, en data 30-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económicas e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Vigo, 18 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio 2001-2002

Indusal Rías Baixas, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as condicións ás que se axustarán as relacións laborais e económicas entre a empresa Indusal Rias Baixas, S.A. e o persoal dependente dela. No non previsto nel aplicarase, o disposto no Estatuto dos traballadores e na lexislación laboral vixente.

O centro de traballo atópase actualmente no Porriño.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Con independencia da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o presente convenio terá efectos económicos desde o 1 de xaneiro de

2001, establecéndose a súa duración ata o 31 de decembro de 2002.

Serán respectadas na súa totalidade aquelas condicións económicas máis beneficiosas que teña o traballador ou traballadora, concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Artigo 3º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto, poderán compensa-las existentes na data de entrada en vigor, calquera que sexa a orixe ou causa destas. Así mesmo, poderá absorberse calquera outra condición superior que, fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc., puidera aplicarse no futuro.

Artigo 4º.-Representacion dos traballadores e traballadoras.

Tódalas as condicións económicas, sociais, de traballo, horarios, quendas, etc., non recollidas no presente convenio, serán de obrigada negociación entre a dirección e a representación do persoal.

Artigo 5º.-Remuneracións.

O persoal afectado por este convenio rexerase pola táboa de salarios anexa.

Establécese un complemento de actividade para tódalas categorías, cos importes que se especifican na táboa anexa.

Para o presente ano 2001, tódoslos conceptos económicos acrecentaranse no 4,5%, equivalente ó IPC do ano 2000 máis 0,5%. A categoría de axudante especialista, antes da aplicación da porcentaxe anterior, verá acrecentada a retribución correspondente ó salario base en 500 pesetas.

Para o segundo ano de vixencia, 2002, procederase a acrecenta-los conceptos económicos nunha contía equivalente ó IPC do ano 2001 máis 0,5. A categoría de axudante especialista, antes da aplicación da porcentaxe que corresponda, verá acrecentada a retribución correspondente ó salario base en 500 pesetas.

Artigo 6º.-Antigüidade.

O presente convenio non inclúe dentro da súa estructura salarial complemento de antigüidade. Os traballadores que veñen percibindo este dereito as verán consolidadas ditas cantidades, que seguirán percibíndose en concepto de complemento convenio, establecéndose para todo o persoal fixo en dous quinquenios.

As devanditas contías cobraranse mediante o aboamento en nómina, rateado en 14 pagas.

Para os anos sucesivos ó 1999, acrecentarase o dito complemento no IPC do ano anterior, aínda que os convenios colectivos futuros inclúan ningún acrecentamento por ningún concepto. Para o ano 2001 acrecentarase na mesma proporción que a revisión salarial, é dicir, o IPC do ano 2000 máis 0,5 puntos.

Para o ano 2002, acrecentarase nunha contía igual ó IPC do ano 2001 máis 0,5 puntos.

O devandito complemento convenio non será absorbible de ningún xeito, nin no presente convenio nin en convenios posteriores.

Os traballadores e traballadoras de nova contratación non terán dereito a este complemento.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as pagas extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro, na contía de 30 días do salario base máis complemento convenio, complemento transporte e plus actividade.

As pagas extraordinarias serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose por semestres naturais do ano no que se aboen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 15 e 20 de xullo. No que respecta á do segundo semestre, aboarase entre o 15 e o 20 de decembro.

As pagas extras non se verán afectadas por incapacidades temporais debidas a accidente de traballo ou enfermidade profesional, percibíndose nestes casos integramente.

Artigo 8º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade na contía do 30% sobre o salario base de cada traballador, que se percibirá sobre as horas efectivas traballadas, entendéndose ó respecto como xornada nocturna a comprendida entre as 22 e as 6 horas.

No caso de que as horas nocturnas se realizaran en sábado, domingo ou festivo, o complemento de nocturnidade será do 40%. Este acrecentamento non implica que estas xornadas sexan consideradas como especiais, para os efectos do disposto no artigo 11º que regula a xornada de traballo.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse na contía que se sinala na táboa de salarios anexa ó texto do convenio.

Alternativamente, o traballador ou traballadora poderá escolle-la compensación en descanso. De escoller esta opción, o tempo de descanso desfrutarase á maior brevidade, limitándose o número de persoas a 2 por quenda.

Tamén poderá optar o traballador ou traballadora por acumula-lo tempo compensatorio de descanso ata completa-las horas dunha xornada, con aplicación igualmente da limitación disposta no parágrafo anterior.

Exclúense os meses de xullo e agosto, para os efectos de desfrute de horas ou xornadas acumuladas pola realización de horas extras.

O valor das horas extras queda como segue:

Tipo de hora extra Valor ptas.Valor descanso

Normal (luns a sábado) 150% 175%

Domingo ou festivo 170%175%+20% (complemento)

Nocturna (luns a sábado) 180%175%+30% (complemento)

Nocturna (domingo ou festivo) 190%175%+40% (complemento)

As porcentaxes que se relacionan refírense ó valor dunha hora normal de traballo. A porcentaxe do 20, 30 e 40 % establecida en concepto de complemento, engadida ó valor da hora de descanso, compensarase sempre economicamente.

En ningún caso na aplicación das porcentaxes referidas a valor pesetas pode resultar unha contía inferior á existente durante 1995, polo que de darse esta circunstancia, manterase como mínimo o valor xa existente.

As porcentaxes que determinan o valor pesetas da hora extra, calcularanse sempre sobre o salario base vixente para cada categoría.

Para a categoría de axudante especialista, o valor mínimo da hora extra será de 1.100 pesetas.

Artigo 10º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento das nóminas farase mensualmente. Nembargantes, o persoal poderá solicitar coa debida anticipación cantidades á conta dos seus haberes devengados.

En canto ó xeito de pagamento, observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Para todo o persoal, tanto de producción como de oficinas, consideránse as mensualidades de 30 días.

Artigo 11º.-Complemento de transporte.

Indusal Rías Baixas aboará, a todo o persoal contratado con anterioridade ó 31-12-1998, un complemento de transporte mensual, de 12.540 pesetas para o ano 2001.

O importe anterior acrecentarase cada ano na mesma porcentaxe aplicada ó salario base, que é para este ano 2001 do 4,5%.

O persoal de nova contratación non terá dereito á percepción do devandito complemento.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

Sendo Indusal Rías Baixas, S.A. unha empresa de servicios, establécese unha xornada laboral anual, para os anos 2001 e 2002, de 1.800 horas efectivas de traballo, distribuídas de luns a sábados (incluídos

os festivos), cos descansos que establece a lei e de acordo co horario e quendas indicadas pola empresa, coas limitacións que sinale a lexislación.

Como compensación pola non inclusión no ano 2000 do tempo de bocadillo como tempo efectivo de traballo, o persoal terá dereito a 3 días máis de descanso. Estes 3 días desfrutaranse por petición individual do traballador ou traballadora.

Durante o ano 2001 establécense dúas quendas cos seguintes horarios:

-Mañás (luns), de 6 a 14, con 20 minutos de descanso, equivalente a 7,67 horas de traballo efectivo.

-Mañás (de martes a venres), de 7 a 14, con 20 minutos de descanso, equivalente a 6,67 horas de traballo efectivo.

-Tardes (de luns a martes), de 14 a 22, con 20 minutos de descanso, equivalente a 7,67 horas de traballo efectivo.

-Tardes (de mércores a venres), de 14 a 21, con 20 minutos de descanso, equivalente a 6,67 horas de traballo efectivo.

-Tardes (sábados), de 13 a 21, con 20 minutos de descanso, equivalente a 7,67 horas de traballo efectivo.

Excepcións á xornada:

O persoal fixo ordinario, que ata abril do 2000 só traballaba nos sábados na quenda de mañá, traballará nunha soa quenda nos sábados, de mañá ou tarde, segundo as necesidades da producción e de acordo entre empresa e representación do persoal. A quenda de traballo comezará cando se atope na planta un mínimo do 60% da roupa que hai que procesar, sen que este requisito poida altera-los horarios establecidos na actualidade.

O persoal fixo citado no parágrafo anterior estará obrigado a traballar nos días festivos, unicamente na quenda de mañá, garantíndoselle por parte da empresa un desfrute de 6 festivos ó ano. Os festivos que deba traballar seranlle comunicados ó persoal ó principio de cada ano.

A quenda da tarde dos festivos cubrirase con persoal eventual e completarase con persoal procedente da situación de fixo-descontinuo.

Os traballadores e traballadoras que desde o 1 de xaneiro de 2000 estean prestando servicios de xeito eventual, en calquera das modalidades de contrato existentes, desenvolverán o seu traballo de luns a sábado (incluídos festivos), cos descansos legais correspondentes, de acordo cos horarios e quendas establecidos e acordados entre dirección e representación do persoal, segundo as necesidades da empresa.

O anterior en ningún caso suporá a superación da xornada máxima anual establecida anteriormente, polo que a dirección e a representación do persoal establecerán o xeito de compensar, en descanso, as xornadas traballadas nos días festivos.

Como compensación dos días festivos traballados, creáse un complemento de festivo, para tódolos traballadores e traballadoras de Indusal Rias Baixas, nas seguintes contías e por festivo traballado:

Persoal que en abril de 2000 tiña a condición de fixo ordinario: 3.135 pesetas.

Persoal que en abril de 2000 tiña a condición de fixo descontinuo: 1.045 pesetas (a partir do 2-5-2001).

Persoal eventual, en calquera das modalidades existentes: 1.045 pesetas.

Así mesmo, tódolos traballadores e traballadoras cobrarán, por día festivo traballado, a contía de 1.045 pesetas en concepto de complemento de transporte, aplicándoselle igualmente a data de cobramento ó persoal antes fixo descontinuo.

Artigo 13º.-Vacacións.

As vacacións serán de 32 días naturais, dos que 28 serán hábiles, entendéndose dentro destes os sábados non festivos. Desfrutaranse preferentemente entre o 21 de marzo e o 21 de setembro. O calendario das vacacións fixarase con 2 meses de anticipación. Para tal efecto, durante o primeiro trimestre de cada ano, a dirección da empresa e a representación do persoal acordarán o calendario vacacional, que recollerá o desfrute de cada traballador ou traballadora.

Dentro do dito calendario, poderán establecerse quendas partidas de vacacións, non máis de 2, de xeito que parte delas se desfruten fóra do período sinalado como preferencial.

O persoal fixo-descontinuo desfrutará en cada ano, dentro do período preferente establecido anteriormente, 15 días das súas vacacións, correspondentes a ese mesmo período do ano natural. O resto das vacacións que poidan corresponderlles, pola proporción do tempo traballado nese mesmo período do ano natural, serán para desfrutar a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte.

Na aplicación do disposto no parágrafo anterior, se a fin de ano a proporción de vacacións que corresponda desfrutar é inferior ós 15 días xa desfrutados, os días de exceso descontaranse nas vacacións do ano seguinte.

No caso de que calquera traballador ou traballadora, chegada a súa quenda vacacional, se atopara en situación de incapacidade temporal por accidente de traballo ou enfermidade profesional, terá dereito ó desfrute en período distinto, unha vez que remate a súa situación de incapacidade temporal, sempre e cando haxa tempo material para o desfrute dentro do mesmo ano natural.

Se por causas conxunturais (avarías, falla de subministración de enerxía, auga, ou calquera outra circunstancia de forza maior), a empresa se vira obrigada a parar ou diminuír sensiblemente a súa producción, poderanse determinar outras datas de vacacións, logo de acordo coa representación do persoal. No caso de desacordo insalvable, aplicarán-se las condicións legais vixentes nesa altura.

As datas de 1º de maio e 25 de xullo serán inhábiles na empresa, salvo que esta considere que o servicio que presta ós seus clientes resulte seriamente prexudicado por tal motivo. En tal caso, este extremo seralles comunicado ós representantes do persoal cunha anticipación de 48 horas.

Artigo 14º.-Bolsa de vacacións.

Os traballadadores e traballadoras pertencentes ó grupo de persoal fixo (agás o descontinuo), que soliciten o desfrute vacacional fóra do tempo preferente establecido no artigo anterior, pero nos meses que neste artigo se sinalan, terán dereito a cobrar en concepto de bolsa de vacacións as seguintes contías:

Vacacións para desfrutar nos meses de decembro e xaneiro: 25.000 pesetas.

Vacacións para desfrutar no mes de febreiro: 20.000 pesetas.

As contías anteriores refírense ó período completo de vacacións. Para o caso de desfrute parcial das mesmas dentro dos meses afectos á bolsa, a contía que se percibirán será proporcional ó tempo desfrutado.

Artigo 15º.-Licencias e permisos.

O traballador ou traballadora, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

A) 20 días naturais no caso de casamento.

B.1) Nacemento de fillos: 3 días naturais.

B.2) Enfermidade grave de cónxuxe, fillos ou pais: 3 días naturais.

B.3) Enfermidade grave de demais parentes ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

B.4) Morte de cónxuxe ou fillos: 5 días naturais.

B.5) Morte de pais: 4 días naturais.

B.6) Morte de irmáns, irmáns políticos, avós, avós políticos, xenros, noras, netos ou sogros, 2 días naturais.

B.7) Morte de demais parentes até 2º grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

B.8) Morte de parentes de 3º grao de consanguinidade ou afinidade: 1 día natural.

C) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.

Nos casos recollidos nas letras B.5 e B.6, se o parente falecido convive co traballador, a licencia será de 1 día máis.

Nos casos de licencia por calquera das causas recollidas nas letras B.1, B.4 e B.5, B.6 e B.7, un dos días de licencia será hábil para ós efectos do rexistro civil.

As licencias recollidas nas letras B.1, B.2, B.3 e C, poderanse usar por medias xornadas, sen que esta opción poida supor en ningún caso supera-la licencia establecida en cada caso.

Nos casos de finamento de cónxuxe, pais ou fillos do traballador, os tres días naturais de permiso entenderanse como adicionais do día do feito causante.

Nos casos de necesidade por circunstancias da enfermidade familiar que orixine o dereito a licencia, o traballador ou traballadora poderá solicita-lo uso da licencia en días alternos, sempre que sigan concorrendo as mesmas circunstancias que orixinaron a licencia

D) Por casamento de fillo ou filla, pais ou irmáns, dun ou doutro cónxuxe: 1 día natural, referido exclusivamente á data do casamento.

E) Para realización de funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

F) Licencias sen soldo: o traballador ou traballadora que leve máis de 1 ano de prestación de servicios, terá dereito, cun aviso mínimo de 15 días, a solicitar unha licencia sen soldo. Esta licencia terá unha duración mínima de 15 días e máxima de 2 meses. Soamente poderá solicitarse unha vez cada 2 anos. A concesión outorgarase sempre que medie necesidade grave e quede debidamente xustificada. En calquera outra circunstancias, a licencia non poderá exceder de 15 días.

Por este concepto, non poderán concederse licencias a máis dun 3% do cadro de persoal simultaneamente.

Esta licencia ocasionará a baixa na Seguridade Social polo tempo da súa duración.

O traballador ou traballadora que solicite este tipo de licencia non verá afectadas as súas pagas extraordinarias, tendo dereito a cobralas na súa totalidade.

G) 1 día ó ano, retribuído, para atender asuntos persoais, que se deberá solicitar cun aviso previo mínimo de 3 días.

Esta licencia non poderá concederse a máis de 1 persoa por quenda.

Os representantes, do persoal pertencentes a unha mesma central sindical poderán crear unha bolsa de horas sindicais, por períodos de 1 ano, sen que en ningún caso poida supera-lo número de horas adxudicado a cada representante incluído na bolsa. O control das horas acumuladas na bolsa será trimestral, limitándose o uso do crédito horario ó trimestre que corresponda; é dicir, impedíndose o traslado dese crédito a outro trimestre.

Nas unións de feito, a compañeira ou compañeiro aseméllanse ós cónxuxes, para exerce-lo dereito ó uso das licencias establecidas no presente artigo.

Por solicitude da totalidade da representación do persoal, a empresa poderá estudia-la concesión de

permiso retribuído nos casos especiais que se saen das normas establecidas nos puntos anteriores e que puideran asemellarse a estes, despois de comprobar e acreditar, nomeadamente a devandita representación do persoal, a certeza do feito causante.

Artigo 16º.-Excedencias.

As excedencias serán aplicadas de acordo co artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Para a reincorporación automática ó posto de traballo, agás o contido no devandito ET será preciso que legalmente se poida substituír tal posto cun traballador ou traballadora con contrato interino polo mesmo período da excedencia concedida.

A traballadora ou traballador que teña fillos en idade comprendida entre os 6 e os 10 anos, terá dereito á reducción da súa xornada de traballo, para o coidado de fillos e fillas, considerándose esa reducción como unha excedencia parcial forzosa, con dereito á recuperación da xornada ordinaria de traballo despois de que o fillo ou filla cumpra os 10 anos de idade.

A reducción poderá ser como máximo ata o 50% da xornada ordinaria, en cómputo diario ou semanal, tendo a traballadora ou traballador o dereito a escolle-lo horario reducido de xornada.

A empresa poderá contratar interinamente traballadores para cubrir este tipo de excedencias especiais, cesando o persoal contratado cando remate a situación que deu lugar á súa contratación.

Artigo 17º.-Aviso previo de cesamento.

Todo o persoal afectado por este convenio, se pretendera cesar ó servicio da empresa, avisará por medio de escrito sinxelo, cunha anticipación mínima de 15 días, agás o persoal titulado, técnico ou administrativo, que o farán con 1 mes. O incumprimento da obriga de avisar coa devandita anticipación dara dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe da súa retribución total diaria por cada día de retraso no aviso.

Así mesmo, a empresa comunicará ó persoal, nos casos de contratos de duración superior a 3 meses, o seu cesamento por escrito cun prazo mínimo de 15 días. Os avisos cun prazo inferior suporán para o traballador o dereito a cobrar como indemnización o salario dos días de menos con respecto ó aviso aquí establecido. A empresa entregará a calquera traballador cesante, con 48 horas de anticipación, copia do recibo de liquidación. O traballador ou traballadora terá dereito á presencia dunha representante do persoal na sinatura do finiquito.

Artigo 18º.-Póliza de vida.

Contrátase unha póliza de seguro colectivo de vida, para todo o persoal da empresa, coa cobertura dos seguintes riscos:

Morte por causa común: 1.100.000 pesetas.

Morte por accidente labora: 13.100.000 pesetas.

Invalidez permanente total por causa común: 2.100.000 pesetas.

Invalidez permanente total por accidente laboral: l5.100.000 pesetas.

Invalidez permanente absoluta por causa común: 3.100.000 pesetas.

Invalidez permanente absoluta por accidente labora: 16.100.000 pesetas.

O importe da dita póliza será aboado integramente pola empresa. No suposto de reixeitamento da proposta de seguro pola compañía aseguradora para algún traballador ou traballadora, queda sen efecto a obriga empresarial aquí pactada, incluíndoselle nos seus haberes o importe da achega empresarial que suporía a inclusión do dito traballador ou traballadora na devandita póliza.

A partir do 1 de xaneiro de 2002, os importes anteriores revisaranse automaticamente, acrecentándose anualmente na mesma porcentaxe que o IPC final correspondente ó ano anterior.

A empresa entregará a cada traballador ou traballadora fotocopia da póliza contratada.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará ó seu persoal da correspondente roupa de traballo.

O persoal recibirá 3 uniformes de traballo cada 2 anos e, se fora preciso, logo de xustificación, seralle proporcionado un 4º.

A empresa facilitará anualmente un equipo de calzado axeitado para as tarefas que se vaian desenvolver.

O uso do uniforme enténdese como obrigatorio.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

A empresa está obrigada a solicitar do Gabinete Técnico de Seguridade e Hixiene da provincia, ou da mutua patronal coa que teña concertadas as continxencias de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual como mínimo para todo o persoal. O tempo empregado, así como os gastos do desprazamento, serán por conta da empresa.

Ó persoal fixo-descontinuo, se o día do recoñecemento médico non está dentro da súa xornada de traballo, a empresa aboaralle 2 horas de xornada ordinaria.

O recoñecemento médico faráse sempre en instalacións fixas.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal (IT).

O traballador ou traballadora afectados por incapacidade temporal debido a causas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, recibirá unha contía de 1.045 pesetas/día mentres permaneza en situación de incapacidade, por un período máximo de 1 ano.

O traballador ou traballadora afectado por incapacidade temporal, debido a causas de accidente non laboral ou enfermidade común, transcorridos os primeiros 15 dias, recibirá unha contía de de 1.045 pesetas/dia mentres permaneza en situación de incapacidade, por un período máximo de 1 ano.

Os importes anteriores revisaranse para o ano 2002 na mesma porcentaxe de acrecentamento aplicado ó salario base.

Artigo 22º.-Préstamo ó persoal.

A empresa constituirá un fondo por un valor máximo de 1.500.000 pesetas (un millón cincocentas mil pesetas) durante a vixencia deste convenio, para distribuír como préstamo entre o persoal.

A concesión destes préstamos e as condicións de devolución serán estudiadas pola representación legal do persoal e un representante designado pola empresa, en función das necesidades concretas expostas en cada caso.

O límite dos préstamos fíxase en 500.000 pesetas (agás casos excepcionais).

A cota mínima de devolución mensual será do 5% do importe do préstamo.

Artigo 23º.-Categorías.

Peón.

En xeral, é o traballador ou traballadora que, sen posuír coñecementos de calquera especialidade, limita as súas funcións á achega do seu esforzo físico e á execución de traballos non especializados.

Considerarase peón todo aquel traballador ou traballadora que desempeñe a súa función xeralmente baixo a supervisión dalgún especialista, principalmente nas funcións de descarga de roupa suxa, selección, pesaxe e introducción da roupa nalgunha das lavadoras ou túnel de lavado, definíndose as súas funcións principais nas seguintes:

* Desprazar roupa lavada ás máquinas de tratamento posterior.

* Recoller roupa tratada e levala á zona de enpaquetamento ou á carga en furgoneta de saída.

* Limpeza xeral da nave e instalacións.

O traballador ou traballadora encadrada nesta categoría nunca realizará traballos con ningún tipo de máquina. As súas funcións non excederán das exclusivamente consideradas como auxiliares do proceso productivo

Cubrirá os seus correspondentes partes de traballo, nos que reflectirá a actividade realizada nas súas horas de traballo. Realizará, ademais, todas aquelas funcións semellantes que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

Axudante especialista.

En xeral, é o traballador ou traballadora que, cuns coñecementos xerais do oficio correspondente, auxilia ó persoal especializado da súa categoría na exe

cución dos traballos propios, ou efectúa outros de menor importancia.

Ademais de tóda-las funcións do peón, desempeñará con maior autonomía as seguintes tarefas:

* Manexo de máquinas habituais de lavandería, tales como calandria, pregadora, túnel de batas, ferros de pasar, robots, etc.

* Colaborar coas tarefas de mantemento das diversas máquinas e postos de traballo nos que desempeñe a súa función, vixiando o seu bo funcionamento.

Cando un axudante realice traballos de superior categoría durante máis de seis meses, consolidará a categoría superior, sempre que exista quenda de acceso a este de libre designación da empresa e posúa os coñecementos necesarios debidamente acreditados por probas de suficiencia.

Especialista.

Considerarase especialista aquel traballador ou traballadora con capacidade para desempeñar funcións en calquera dos variados postos que compoñen o proceso de producción da lavandería.

Ademais de tóda-las funcións do axudante especialista encargarase de:

* Tarefas de mantemento habituais de calquera máquina, que non supoñan o uso de ferramenta especializada.

* Vixiar, a nivel de usuario, o perfecto estado e funcionamento da máquina na que desenvolva o seu traballo.

* Colaborar co persoal responsable de mantemento nas tarefas para as que sexa requirido.

* Así mesmo, realizará tódalas funcións que pola súa semellanza coas ditas anteriormente, sexan inherentes á súa categoría.

* Todo o que se lle encomende por parte do encargado de producción, encargado de quenda ou os xefes de equipo.

Oficial lavandeiro.

É o traballador ou traballadora que, en posesión dos coñecementos precisos, a xuízo da empresa, ademais de tóda-las funcións descritas para a categoría de especialista, se diferenciará desta en:

* Maior coñecemento de labouras de mantemento máis complexas sobre as máquinas da lavandería, coa utilización da ferramenta ou maquinaria auxiliar que para iso sexa preciso.

* Responsabilizarase da calidade final do traballo naquela máquina na que estea desenvolvendo o seu traballo, así como do perfecto funcionamento das máquinas de proceso.

Deberá coñece-lo funcionamento de tóda-las máquinas do proceso productivo. O traballador ou traballadora encadrados nesta categoría deberá asistir a calquera curso que a empresa considere oportuno, para unha mellora dos seus coñecementos e

da súa propia formación profesional, e seranlle neste caso cubertos tódo-los gastos que tal circunstancia lle puidera ocasionar.

Xefe de equipo.

É o traballador ou traballadora procedente da categoría de profesionais ou de oficio que, efectuando traballo manual, asume o control do traballo dun equipo.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes persoal de superior categoría á súa. Cando un xefe de equipo cesa na súa función, perderá a súa retribución específica de xeito gradual. Para estes efectos, anualmente non se lle poderá absorber, do complemento que cobrara, unha contía maior que a que supón o 50% do acrecentamento do seu salario base. A xeito de exemplo, cando se producira un acrecentamento no salario base mensual de 4.000 pesetas, so podería absorberse como compensación a contía de 2.000 pesetas.

Suplirá o encargado cando as circunstancias o requiran.

O complemento de posto de traballo que percibirá o xefe de equipo consistirá en 17.285 pesetas mensuais, mentres realice tales funcións.

Encargado de quenda.

É a persoa responsabilizada de todo o relativo ó proceso productivo, en cada quenda quenda, establecido na empresa, nomeadamente do seguinte:

* Da distribución por seccións do persoal que ten ó seu mando, para un maior aproveitamento dos recursos, trasladando ó axudante técnico de dirección as necesidades de persoal, en función do traballo que se deba realizar.

* Da calidade final do producto procesado.

* Da correcta utilización e aproveitamento da maquinaria.

* Do control dos consumibles no proceso productivo, seguindo as instruccións técnicas dos provedores.

* Do cumprimento das funcións por el encomendadas a cada operario ou operaria.

* De garanti-la producción, segundo as prioridades establecidas co axudante técnico de dirección.

* De comunicar calquera incidencia que se produza, en referencia á producción ou ó persoal, ó director-xerente ou persoa por este nomeada.

O encargado de quenda cobrará, pola realización das súas funcións, un complemento por importe do 25% do salario base da categoría do oficial lavandeiro, que queda para o presente ano 2001 en 26.486 pesetas.

O complemento de encargado de quenda deixarase de percibir cando deixe de realizarse as funcións da devandita categoría.

Axudante técnico de dirección.

É a persoa responsabilizada da coordinación entre clientes e producción. Terá ademais os seguintes cometidos:

-Dar conta ós encargados de quenda e/ou trasladar calquera circunstancia especial en relación coa roupa para se vaia tratar, establecendo con aqueles as prioridades do traballo que se vai realizar, así como de dota-las quendas de persoal, segundo as necesidades que estableza o encargado.

-De lle trasladar ó director-xerente calquera incidencia que se produza nas áreas de producción, comercialización ou persoal, así como de calquera outra que lle sexa trasladada polos encargados de quenda, incluso observacións ou suxestións destes.

-De coordena-los transportes e horarios de entrega e/ou recollida da roupa ós clientes.

-Do control do cumprimento dos horarios de traballo.

-De contactar cos provedores para dotacións dos consumibles necesarios á área de producción.

Artigo 24º.-Contratación de novo persoal.

A empresa comunicará á representación do persoal, con anticipación dabondo, a súa intención de contratar novo persoal, sexa eventual ou non, ós efectos de que, en igualdade de condicións, poida darse trato preferente ós familiares do persoal empregado.

No caso de novas contratacións a tempo parcial e para quendas de producción distintas das actuais, ofreceráselle en primeiro lugar a cobertura dos postos que se necesiten ó persoal que nese momento preste servicios na empresa.

En ningún caso este ofrecemento pode supo-la realización dunha xornada maior da ordinaria.

No caso de novos contratos para cubrir postos de traballo alleos á producción, a dirección da empresa informará previamente a representación do persoal.

O persoal contratado para producción serao coa categoría mínima de axudante.

Artigo 25º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio quedará denunciado automaticamente 30 días antes da data de remate da súa vixencia. Nese prazo de 30 días, cada parte debera comunicalle á outra as materias que desexa que se negocien novamente. As materias sobre as que ningunha das partes se manifeste, entenderanse prorrogadas como mínimo ata o seguinte período de denuncia.

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido na lexislación vixente, créase unha comisión paritaria, composta por 3

representantes dos traballadores e 3 representante da empresa.

Artigo 27º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio foi subscrito, en representación dos traballadores polas delegadas de persoal, e en representación da empresa polo delegado da empresa.

ANEXO

Convenio de Indusal Rías Baixas, S.A.

Salarios 2001.

CategoríaS. baseCompl. act.Total

Axte. técnico dirección149.90428.236178.140

Encargado mantemento149.90428.236178.140

Encargado de quenda116.17934.610150.789

Oficial lavandeiro/a105.94416.532122.476

Especialista94.2424.82799.069

Axte. especialista84.2863.18387.469