Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 2001 pola que se autoriza o centro privado Aloya de Vigo (Pontevedra), para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas e a reducción de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado Aloya de Vigo, pola que solicita autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas e a reducción de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria, xa que conta con 8 unidades autorizadas segundo a Orde do 1 de febreiro de 2000 (DOG do 7 de marzo).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Aloya de Vigo para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas e a reducción de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria, segundo os datos que se especifican no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Couto, nº 2.

Código do centro: 36011622.

Denominación: Aloya.

Titular: Asociación Fontenova.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: administración.-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

b) Centro de bacharelato: 4 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

c) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade, 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade, 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao medio cociña (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de restauración ( 2 unidades, 30 alumnos/unidade).