Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de maio de 2001 pola que se autoriza o centro privado San Roque de Vigo (Pontevedra), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de sistemas de regulación e control automáticos, desenvolvemento de productos electrónicos e producción por mecanizado.

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado San Roque de Vigo, polo que solicita autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de sistemas de regulación e control automáticos, desenvolvemento de productos electrónicos e producción por mecanizado.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San Roque de Vigo para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior de sistemas de regulación e control automáticos, desenvolvemento de productos electrónicos e producción por mecanizado, segundo os datos que se especifican no anexo.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Filipinas, 6.

Código do centro: 36011609.

Denominación: San Roque .

Titular: Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: electricidade e electrónica.-1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de regulación e control automáticos (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).

Familia profesional: fabricación mecánica.-1 ciclo formativo de grao superior de producción por mecanizado (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).

Composición resultante:

-1 ciclo formativo de grao medio de impresión en artes gráficas (1 unidade, 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao medio de preimpresión en artes gráficas (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de equipos electrónicos de consumo (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de equipos e instalacións electrotécnicas (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de regulación e control automáticos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos (2 unidades, 30 alumnos/unidade).

-2 ciclos formativos de grao medio de mecanizado (4 unidades, 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao medio de soldadura e caldeirería (2 unidades, 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de producción por mecanizado (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).