Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 91/2001, interposto por Miguel González Amil.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 91/2001, interposto por Miguel González Amil, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de marzo de 2001, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 29 de decembro de 2000 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 9 (oficial 2ª faenas agrícolas e outras) do grupo IV (lista B).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública