Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable programado número 6 (SUP-6) de Santa Marta.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 29 de marzo de 2001, aprobou definitivamente o Plan parcial do solo urbanizable programado número 6 (SUP-6) de Santa Marta, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 125, o día 2 de xuño de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do Plan parcial definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestivo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo