Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 131/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración mediante arrendamento con opción de compra de seis vehículos para o concello.

b) Número de unidades que se van entregar: 6.

c) División por lotes e número: lote I: catro vehículos todoterreo; lote II: vehículo berlina ou familiar e lote III: vehículo turismo.

d) Lugar de entrega: Concello de Santiago de Compostela, praza do Obradoiro, 1 15705 Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Lote I: cota de amortización máxima: 4.400.000 pesetas/ano.

Lote II: cota de amortización máxima: 600.000 pesetas/ano.

Lote III: cota de amortización máxima: 400.000 pesetas/ano.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85. Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación), praza do Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña e no DOG.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 13 do prego de condicións económicas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (Pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) DAta: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: os vehículos entregaranse matriculados, con aparato de radio, alfombras, caixa de lámpadas, triángulos e rotulado nas portas dianteiras.

Os licitadores, ó formularen as súas ofertas, descontarán do prezo os importes establecidos no plan PREVER polos seguintes vehículos propiedade do concello, dos que se farán cargo:

-O adxudicatario do lote I: do vehículo Patrol C-9749-AN.

-O adxudicatario do lote II: do vehículo Seat Trans C-4421-Y.

-O adxudicatario do lote III: do vehículo Peugeot 309 C-2143-AL.

Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación durante o prazo de 8 días, no Negociado de Contratación, para os efectos previstos no artigo

122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado