Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO de convocatoria de concurso de obras, en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, segundo acordo adoptado pola Comisión de Goberno o día 14-6-2001.

Obxecto: a execución das obras que seguidamente se especifican, do Plan provincial base do ano 2001, facendo constar que os contratista interesados poden presenta-la súa oferta neste concurso para unha ou

as dúas obras, xa que cada obra se adxudicará individualmente.

a) Abastecemento e saneamento en Rabal: orzamento de execución por contrata: 9.800.000 pesetas. Autor do proxecto: Pablo Millán Trillo. Enxeñeiro agrónomo. Prazo de execución: 3 meses.

b) Electrificación depuradora de Oímbra: orzamento de execución por contrata: 5.969.000 pesetas. Autor do proxecto Pablo Millán Trillo, enxeñeiro agrónomo. Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista.

Obra a)... Non se esixe. Obra b)... grupo I, subgrupo 9, categoría c.

Garantías: como garantías para participar no concurso para execución das obras, de cada unha esixirase o 2% do orzamento de execución por contrata como garantía provisional, e o 4% dese orzamento como garantía definitiva.

Prazo de presentación das proposicións: os 13 días naturais seguintes á derradeira publicación, no BOP ou no DOG da convocatoria do concurso, se o último día coincidise sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

Celebración da licitación: o concurso terá lugar ás 17 horas do día luns 30 de xullo de 2001.

Criterios a ter en conta na licitación: os establecidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares da convocatoria do concurso.

Exame do expediente: nas oficinas da secretaría deste concello, desde as 9 horas ata as 14 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.

Presentación de documentación: na forma que se sinala na cláusula 8 do prego que rexe na contratación.

Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios das obras.

Oímbra, 19 de xuño de 2001.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde