Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de pavimentación do acceso de Güimil a Sindín con ramas a Piñeiro e O Alto-Igrexa.

b) Lugar de execución: Monterroso.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.674.796 pesetas.

5. Garantías: provisoria: 193.496 pesetas.

Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso: praza de Galicia, 1. Código postal 27560. Monterros (Lugo), teléfono 983 37 70 01.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme modelo que figura como anexo II do prego. Neste sobre incluirase ademais a documentación que se establece na cláusula 11.1º do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación a que se refire a cláusula 11.2º do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso, praza de Galicia, número 1, 27560 Monterroso (Lugo).

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítense a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidades) como cuantitativas (novas uds de obra). Estas variantes deberán de formularse de conformidade con canto se establece na cláusula 11.1.d) do prego.

d) Criterios de adxudicación: o baremo que hai que aplicar é o establecido na cláusula 14ª) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo o adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Monterroso, 20 de xuño de 2001.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente