Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o 30 de maio de 2001, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las seguintes obras:

A) Peonalización da rúa Bispo Aguirre (tramo Ronda da Muralla-Glorieta Irmáns Pedrosa).

b) Substitución da iluminación pública existente nas rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballesteros e Tenente Coronel Teijeiro.

C) Mellora do parque e espacio natural do río Miño. Dotación de iluminación pública e mobiliario.

D) Construcción de beirarrúas e instalación de iluminación pública e semáforos nos accesos do barrio da Garaballa ás zonas escolares de Albeiros.

E) Renovación de pavimentos e mobiliario do recinto histórico, xardíns da praza de Ferrol e rúa San Fernando.

F) Construcción de beirarrúas no barrio do Sagrado Corazón, rúa Venecio Senra.

G) Pavimentación de paseos en zonas deprimidas do recinto histórico nos accesos á porta do Carme da Muralla. Rúas Tinería e Miño. Peonalización.

H) Renovación de pavimentos e instalación de iluminación pública na rúa Bolaño Rivadeneira no recinto histórico.

I) Pavimentación de paseos en zonas deprimidas do recinto histórico, carril dos Fornos e rúa María Balteira. Peonalización. Por medio deste anuncio

dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

A) 37.998.553 pesetas. B) 24.900.383 pesetas. C) 46.331.499 pesetas. D) 22.469.548 pesetas. E) 27.278.002 pesetas. F) 47.726.370 pesetas. G) 40.331.175 pesetas. H) 32.077.314 pesetas e I) 41.509.636 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobr os orzamentos de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c (para as obras sinaladas nas alíneas A), D), E), F), G), H) e I). Grupo I, subgrupo 1, categoría d (para a obra sinalada na alínea B) e grupo G, subgrupo 6, categoría c e gurpo I, subgrupo 1, categoría c (para a obra sinalada na alínea C)).

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días nautrais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncnio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava dos pregos de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concursos): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo (salón de comisións).

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó prazo de remate das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e nos teléfonos indicados na alínea 6-d.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do/s contratista/s adxudicatario/s.

Lugo, 11 de xuño de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado de Área