Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mantenimientos Integrais de Ferrol, S.L. (Mainfer, S.L.).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Mantenimientos Integrais de Ferrol, S.L. (Mainfer, S.L.) (código convenio nº 1503581) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-5-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e pola parte social, polo delegado de persoal o día 21-3-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislati

vo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de maio de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Mantenimientos Integrais de Ferrol, S.L. (Mainfer, S.L.)

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

No ámbito persoal inclúese a totalidade do persoal da empresa que presta os seus servicios no centro de traballo da empresa Izar Construcciones Navales, S.A., factoría Ferrol.

Este convenio será aplicable ó persoal que durante a vixencia deste teña asinado ou asine un contrato de traballo coa empresa en calquera das modalidades vixentes.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura polas partes, con efectos retroactivos desde o día 1 de xaneiro de 2001. Estará vixente ata o día 31 de decembro de 2001, prorrogándose por anos naturais mentres non se substitúa por outro pacto, o cal deberá denunciarse con dous meses de antelación.

Artigo 3º.-Garantías persoais.

1. Respectaranse a título individual as condicións que foran superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

2. No suposto de que Mainfer cese parcial ou totalmente na súa actividade en Izar-factoría Ferrol, a empresa ou empresas que a substitúan deberán subrogarse na relación laboral de todo o persoal que preste servicios directa ou indirectamente en ou para a contrata con Izar-factoría Ferrol, con tódolos dereitos e obrigas que nese momento teñan os traballadores, incluída a antigüidade para tódolos efectos. Esta obriga está recollida e redactada nos acordos asinados o 21 de setembro de 1999 entre repre

sentantes da empresa nacional Bazán e representantes do comité.

3. Para iso Mainfer, desde que teña coñecemento do seu cesamento, notificaralles á empresa entrante, a Izar-factoría Ferrol e ós traballadores afectados esta circunstancia, xuntando á comunicación que efectúe á empresa entrante e a Izar-factoría de Ferrol unha relación de persoal na que se especifique nome e apelidos do persoal, enderezo, número de afiliación á Seguridade Social, categoría, xornada, horario, modalidade de contratación e á que se xuntará tamén copia de recibos de salarios e de documentos de cotización á Seguridade Social dos últimos seis meses.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

O cómputo de horas será de idéntica duración e repartición que teña o persoal da empresa Izar-factoría Ferrol. Respéctanse os actuais horarios establecidos anteriormente a este acordo para o conxunto do persoal.

Artigo 5º.-Vacacións.

Serán de idéntica duración e reparto que as que teña o persoal obreiro da empresa Izar factoría Ferrol. Polo exercicio do desfrute delas (interrupción en caso de rebaixa, etc.) haberá que aterse ó disposto na empresa Izar- factoría Ferrol.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico e aboaranse con razón ó salario real que percibe cada traballador/a.

Cando coincidan matrimonios ou réxime de parella na empresa, se o solicitan, haberá que concedérlle-lo permiso nunha mesma data.

Artigo 6º.-Festas.

Haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo da empresa Izar-factoría Ferrol.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

O traballador/a avisando coa posible antelación, ou se isto non fora posible, xustificándoo a posteriori, poderá faltar ó traballo con dereito a percibi-lo seu salario real, polas seguintes causas:

1. Cinco días laborables por falecemento do cónxuxe, parella, fillo. Terá a consideración de parella a persoa coa que se demostre unha convivencia certa.

2. Tres días laborables en caso de falecemento de pais, netos, irmáns e avós, tanto carnais como políticos, prorrogables polo tempo necesario se os mencionados falecementos ocorren fóra da localidade, a criterio da dirección.

3. Un día laborable en caso de falecemento de tíos, sobriños e primos, todos eles carnais.

4. Por enfermidade grave ou hospitalización do cónxuxe, parella ou fillo menor de 14 anos, cinco días prorrogables polo tempo necesario, logo de xustificación médica a criterio da dirección.

5. Por enfermidade grave ou hospitalización dos fillos, pais ou irmáns, tanto carnais como políticos, dous días, prorrogables, logo de xustificación médica, polo tempo necesario, a criterio da dirección.

6. Un día natural en caso de matrimonio dos fillos, irmáns ou pais, tanto carnais como políticos, coincidindo co da celebración da cerimonia.

7. Un día en caso de primeira comuñón e bautizo de fillos e netos, coincidindo co da cerimonia, ou calquera outra de similar rango doutra relixión.

8. Un día natural en caso de nacemento de netos.

9. Quince días naturais en caso de matrimonio. Cando a voda se produza durante o período de vacacións, considerarase interrompido o seu desfrute.

10. Polo tempo necesario para a asistencia a cursiños de Seguridade Social de preparación ó parto.

11. Por nacemento dun fillo, tres días, prorrogables polo tempo necesario en caso de gravidade, a criterio da dirección. Cando o nacemento se produza dentro do período de vacacións considerarase interrompido o seu desfrute.

12. Dous días por traslado do seu domicilio habitual, podendo desfrutarse en días alternos.

13. O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter municipal e dos entes autonómicos, nos cargos representativos, cando estes dous últimos non sexan retribuídos e sempre que medie a oportuna e previa convocatoria e subseguinte xustificación da utilización.

As funcións de carácter municipal e dos entes autonómicos que sexan retribuídas por estes organismos só darán dereito a permiso sen retribuír.

14. Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, entendéndose como deber inescusable a citación xudicial ou requirimento de Facenda pública, logo da correspondente xustificación en cada caso.

15. Os traballadores/as por coidado dos fillos menores de doce meses terán dereito a dúas horas de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. Poderá substituírse este dereito por unha reducción de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

16. Quen, por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de oito anos ou un diminuído físico ou psíquico ou sensorial que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da súa xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

17. Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a tanto cando sexa por natureza como por adopción ou nos supostos de acollemento tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa ou adopción deste.

A excedencia recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen o mesmo dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas polo funcionamento da empresa.

Sempre que se opte por esta excedencia será considerada como forzosa para efectos legais, con dereito, por tanto, do traballador/a a reingreso automático na empresa e computándose ese como antigüidade.

18. En tódolos supostos que se recollen neste artigo, en casos extraordinarios e debidamente acreditados, estas licencias outorgaranse polo tempo que sexa preciso, segundo as circunstancias, convíndose as condicións da súa concesión, podendo acordarse o non percibo de haberes.

Nas situacións indicadas nos puntos 1, 2, 3, 4, 5, 7, 9, 10, 11 e 12 deste artigo aboaranse o soldo e o incentivo correspondente.

Artigo 8º.-Persoal accidentado.

Ó persoal accidentado a empresa aboaralle un complemento da prestación da Seguridade Social ata o 100% de tódalas retribucións económicas pactadas neste convenio. Os recoñecementos que fose pertinente efectuar realizaranse, se o traballador/a así o desexa, dentro da localidade.

Ó persoal que se atope rebaixado á entrada en vigor do convenio, actualizaráselle o cálculo da indemnización sobre a base das novas condicións pactadas desde o 1 de xaneiro de 2001, aboándoselle, se é o caso, as diferencias que procedan.

Artigo 9º.-Persoal hospitalizado.

Ó persoal hospitalizado a empresa aboaralle un complemento da prestación da Seguridade Social ata o 100% de tódalas retribucións económicas pactadas neste convenio.

Ó persoal que se encontre nas ditas circunstancias actualizaráselle o cálculo sobre as bases das novas condicións pactadas desde o 1 de xaneiro de 2001, aboándolle se é o caso, as diferencias que procedan.

Artigo 10º.-Persoal rebaixado por enfermidade.

Ó persoal rebaixado por incapacidade transitoria derivada de enfermidade común, a empresa aboaralle un complemento da prestación da Seguridade Social de ata o 95% de tódalas retribucións económicas pactadas neste convenio. Os recoñecementos que fora pertinente efectuar realizaranse, se o traballador/a así o desexa, dentro da localidade. Ó persoal que se atope nas ditas circunstancias actualizaráselle o cálculo sobre as novas condicións pactadas desde o 1 de xaneiro de 2001, aboándolle, se é caso, as diferencias que procedan.

Artigo 11º.-Horas sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán das horas sindicais necesarias para dedicarse ás tarefas propias do seu cargo, en todo caso respectando os

límites máximos sinalados polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Delegado/a de seguridade e hixiene.

O delegado/a de seguridade será elixido polos propios traballadores e terá a mesma duración no cargo que os delegados de persoal.

Seralle recoñecido, por parte da empresa, o seu dereito a participar na negociación colectiva no campo específico que lle corresponda e disporá das horas necesarias para o desenvolvemento da súa responsabilidade, segundo os dereitos e obrigas recoñecidos especificamente na Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 13º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores e traballadoras terán dereito a un recoñecemento médico anual, tendo coñecemento deste, en primeiro lugar o interesado e o delegado de Seguridade e Hixiene. O dito recoñecemento efectuarase en horas de traballo e estas serán retribuídas.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará a cada traballador/a o seguinte material anual, no primeiro trimestre do ano:

-Dous pares de botas.

-Unha roupa de faena, máis unha funda.

-Dous pares de zocos para o persoal que traballa en oficinas e despachos.

-Dúas toallas de lavabo.

-Dúas toallas de baño.

-12 pastillas de xabón.

-Un chaquetón impermeable (esta peza entregarase cada dous anos).

-Roupa necesaria para o desenvolvemento de tarefas específicas (botas de auga, roupa de augas, fundas de papel, etc. Estas pezas entregaranse sempre que sexa necesario).

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

O tope de horas extraordinarias non poderá exceder do establecido na lei. Como norma xeral, procurarase que as horas extras queden limitadas a situacións especiais ou de urxente necesidade.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

A empresa concertará unha póliza de seguros colectiva dunha contía de 3.000.000 de pesetas por cada traballador/a en caso de morte ou invalidez total ou absoluta por accidente laboral. Así mesmo, a empresa concertará unha póliza de seguro de vida de 1.100.000 pesetas por cada traballador/a por riscos naturais.

Artigo 17º.-Asembleas.

A empresa autorizará a realización de asembleas con carácter xeral, fóra das horas de traballo. En todo caso, comunicaráselle previamente á dirección

a súa convocatoria. As asembleas correspondentes á aprobación do convenio colectivo e aquelas outras de carácter excepcional que sexan autorizadas expresamente pola dirección non darán lugar a desconto retributivo.

Artigo 18º.-Réxime disciplinario.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións. A tipificación das faltas, así como as sancións que lles correspondan, realizarase conforme o estipulado no convenio colectivo da empresa Izar-factoría Ferrol.

Artigo 19º.-Axudas a minusválidos.

Por cada fillo, cónxuxe ou parella diminuída que teña recoñecida a mencionada minusvalidez polo Inserso (ou organismo que asuma as súas competencias), a empresa concederá unha axuda cunha contía que será recollida no convenio colectivo da empresa Izar-factoría Ferrol.

Artigo 20º.-Falecemento.

Garantirase o ingreso na empresa dun fillo/a ou cónxuxe do falecido en accidente, estudiando os casos que se produzan conxuntamente co comité, sempre e cando a empresa teña a autorización para cubri-la dita praza. E sempre e cando a persoa a cubrir esta praza reúna as condicións idóneas para desenvolver ben o traballo, estando ámbalas partes de acordo, comité e dirección.

Artigo 21º.-Obsequio de Nadal.

O contido deste será o equivalente ó que desfrutan os productores da empresa Izar-factoría Ferrol.

Artigo 22º.-Vacantes na empresa.

Sempre que se produza unha vacante ou se cree un novo posto de traballo na empresa, terán preferencia para cubri-la dita vacante ou posto os traballadores/as que estean en activo nese momento, logo da aceptación da empresa. En caso de negativa por parte da empresa, comunicaráselle ós delegados de persoal a xustificación da dita negativa.

Artigo 23º.-Remuneración.

A remuneración de cada traballador/a está constituída por 12 pagas mensuais máis dúas pagas extraordinarias nos meses de xullo e decembro, así como unha paga de beneficios, que se aboará no mes de marzo e unha paga de producción que se aboará no mes de setembro.

a) Soldo mensual.

Esta remuneración comprende os seguintes conceptos:

Salario base: (2001). Fíxase un salario base de 136.000 pesetas/mensuais (817,37 euros)

Complemento de carencia de incentivos: (2001). Establécese para todo traballador un complemento de carencia de incentivos de 26.250 pesetas/mensuais (157,77 euros).

Transporte: (2001). Establécese para transporte a cantidade de 7.500 pesetas/mensuais (45,08 euros).

b) Complementos.

Esta remuneración comprende os seguintes conceptos:

Bonificación de quendas (2001). Ó traballador que perciba o dito concepto aboaráselle 6.000 pesetas/mensuais (36,06 euros).

Complemento por traballos tóxicos e penosos. Cando o traballador realice traballos a bordo ou naqueles supostos nos que moi singularmente concorrese de modo manifesto a excepcional penosidade ou toxicidade percibirán unha bonificación de 10.000 pesetas mensuais (60,10 euros).

c) Pagas extraordinarias.

Os días 15 de xullo e decembro aboaráselles a cada traballador dúas pagas extraordinarias. A contía económica das ditas pagas no ano 2001 están fixadas en 125.150 pesetas brutas (752,17 euros), que se verán incrementadas na mesma porcentaxe que a que lle corresponda a cada un dos anos de vixencia deste convenio.

En caso de coincidir en sábado ou festivo, aboaranse o día anterior.

d) Paga de beneficios.

O día 15 de marzo aboarase a cada traballador/a unha paga de beneficios. A contía económica da dita paga no ano 2001 está fixada en 90.625 pesetas brutas (544,67 euros), que se verá incrementada na mesma porcentaxe que a acordada para cada un dos anos de vixencia deste convenio.

En caso de coincidir en sábado ou festivo, aboaranse o día anterior.

e) Paga de producción.

O día 15 de setembro aboarase a cada traballador/a unha paga de producción. A contía económica da dita paga no ano 2001 está fixada en 90.625 pesetas brutas (544,67 euros) que se verá incrementada na mesma porcentaxe que o acordado para cada un dos anos de vixencia deste convenio.

En caso de coincidir en sábado ou festivo, aboaranse o día anterior.

f) Nas datas de devengo das pagas de beneficios e de producción aboaráselle a todo o persoal a cantidade de 7.500 pesetas brutas (45,08 euros), en concepto de regularización do complemento de transporte mensual.

Artigo 24º.-Crédito.

En caso de necesidade e logo de xustificación, a empresa concederá un préstamo, sen xuros, acordando co traballador/a o período de desconto.

Artigo 25º.-Compensación e absorción.

As condicións aquí pactadas son, en conxunto, máis favorables que as mínimas legais que ó traballador lle corresponden, formando un todo indi

visible e que, para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente. Así mesmo, as melloras económicas aquí establecidas absorben ou compensan as que puidesen establecerse no futuro por calquera disposición obrigatoria, se estas fosen menores que as pactadas.

Artigo 26º.-Comisión mixta.

Para interpreta-lo convenio resolverá a representación dos traballadores/as existentes en cada momento e a dirección da empresa, tanto na negociación como na interpretación deste convenio e sucesivos, a parte social poderá solicita-la axuda de asesores, sexan ou non da empresa, a cal será recoñecida como parte integrante da comisión mixta.

A representación social manifesta reiteradamente a súa intención de equipara-los salarios ás empresas tuteladas e que desenvolven idéntica actividade dentro da factoría e, aínda recoñecendo o esforzo na negociación do actual convenio colectivo, solicitan o recoñecemento de Mainfer a que nun prazo dun ano a partir da sinatura deste convenio queden igualados os salarios a elas, o cal eliminaría situacións de agravios comparativos.

A empresa manifesta que o esforzo realizado é tendente á consecución deste obxectivo, e comprométese a consolidalo no prazo proposto pola representación social e en sucesivos convenios.

Ferrol, 28 de marzo de 2001.

Pola empresa:

Mantenimientos Integrales de Ferrol, S.L.

Pola parte social:

José Luis Rodríguez Calvo.

Emilio Fraga Felpeto.

Vicente Castro Bogo.