Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de xuño de 2001 pola que se conceden axudas a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por Orde do 15 de febreiro de 2001 (DOG do 5 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de axudas a conservatorios de música públicos non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas axudas pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ós conservatorios de música públicos que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2001, a xustificación completa dos gastos realizados.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación do conservatorioContía da axuda

concedida (pesetas)

Arzúa 1.910.653

Betanzos2.744.878

Carballo 3.829.454

Culleredo2.987.485

Denominación do conservatorioContía da axuda

concedida (pesetas)

Melide 2.850.191

Pontes de García Rodríguez, As4.573.216

Ribeira4.188.728

Monforte de Lemos2.995.471

Vilalba 5.503.140

Viveiro7.341.136

Barco de Valdeorras, O3.595.728

Carballiño, O2.946.184

Ribadavia1.629.868

Xinzo de Limia2.874.914

Cangas3.721.265

Estrada, A4.073.138

Gondomar3.525.827

Guarda, A2.365.381

Lalín4.920.889

Reveriano Soutullo - Ponteareas 5.436.038

Redondela3.425.544

Tui2.560.872