Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xuño de 2001 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de marzo de 2001, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no primeiro prazo establecido (prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia), punto quinto.1 do DOG do 19 de marzo de 2001) por valor de 36.018.856 pesetas.

Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II. Indicar, no anexo III, as renuncias.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión

poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade, o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resume do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro, na que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segundo.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

PROPOSTA DE AXUDAS

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADEAXUDA CONCEDIDAPAÍS DE DESTINO

INTERCAMBIOIES EUSEBIO DA GUARDAA CORUÑA1.140.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES FERMÍN BOUZA BREYVILAGARCÍA DE AROUSA660.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES STO TOMÉ DE FREIXEIROVIGO1.545.000HOLANDA

INTERCAMBIOIES ESCOLAS PROVALNIGRÁN873.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES O COUTOOURENSE1.300.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES DE BEADEVIGO1.250.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES LUCUS AUGUSTILUGO1.100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES DE CACHEIRASTEO977.500FRANCIA

INTERCAMBIOIES MONTE DAS MOASA CORUÑA730.000HOLANDA

INTERCAMBIOIES SANTIAGO BASANTA SILVAVILALBA1.000.258FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP PETELOSPETELOS133.000ALEMAÑA

INTERCAMBIOCPI O CRUCE-CERCEDACERCEDA2.300.000ITALIA

INTERCAMBIOIES RIO CABEMONFORTE DE LEMOS910.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES VILAMARÍNVILAMARÍN470.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES VILALONGASANXENXO900.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES MARQUÉS DE SUANCESFERROL1.530.000SUECIA

VISITA PREPARATORIAIES Nº 1 DE ORDESORDES150.000FINLANDIA

INTERCAMBIOIES A PINGUELAMONFORTE DE LEMOS940.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES PORTOVELLOOURENSE550.000FRANCIA

INTERCAMBIOCOLEXIO LA SALLEFERROL425.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES ROSALÍA CASTROSANTIAGO DE COMPOSTELA1.210.000ITALIA

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADEAXUDA CONCEDIDAPAÍS DE DESTINO

INTERCAMBIOIES NOSA SRA DOS OLLOS GRANDESLUGO847.000SUECIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP CASTRELOCASTRELO126.000ITALIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP CASTRELOCASTRELO100.000FRANCIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP CASTRELOCASTRELO133.000DINAMARCA

INTERCAMBIOIES XULIÁN MAGARIÑOSNEGREIRA962.100FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES MANUEL ANTONIOVIGO133.000DINAMARCA

INTERCAMBIOIES VALLE INCLÁNPONTEVEDRA1.500.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES A XUNQUEIRAPONTEVEDRA630.000FRANCIA

INTERCAMBIOCEIP FROEBELPONTEVEDRA710.000ITALIA

INTERCAMBIOIES Nº 1PONTEDEUME900.000FINLANDIA

VISITA PREPARATORIACRA DE VALDOVIÑO (EEI PANTÍN)VALDOVIÑO100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES DE TOMIÑOTOMIÑO1.330.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES BLANCO AMOROURENSE510.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES Nº 1OLEIROS740.163FRANCIA

INTERCAMBIOIES ALFOZ-VALADOUROALFOZ590.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES ARMANDO COTARELO VALLEDORVILAGARCÍA DE AROUSA980.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES MONTE CASTELOBURELA150.000HOLANDA

INTERCAMBIOIES MONTE CASTELOBURELA1.092.500FRANCIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP DE CARBALLEDOCOTOBADE100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES CAMPO DE SAN ALBERTONOIA1.230.000REINO UNIDO

VISITA PREPARATORIACPI DE VEDRAVEDRA100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES PORTO DO SONPORTO DO SON894.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES SANXILLAOLUGO800.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES RAFAEL PUGA RAMÓNA CORUÑA438.335FRANCIA

INTERCAMBIOIES A PINGUELAMONFORTE DE LEMOS860.000REINO UNIDO

ANEXO II

AXUDAS DENEGADAS

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADECAUSA

INTERCAMBIOIES A FARIXAOURENSETER APROBADO

COMENIUS 1.2

VISITA PREPARATORIAIES FERNANDO ESQUÍONEDATER APROBADO

COMENIUS 1.2

ANEXO III

RENUNCIAS

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADE

VISITA PREPARATORIACOLEXIO SAN JOSÉ DE LA GUÍAVIGO

INTERCAMBIOCOLEXIO SAN JOSÉ DE LA GUÍAVIGO

INTERCAMBIOIES VILALONGASANXENXO