Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.651

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (883/1999).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 883/1999 seguidos por instancia de María Teresa Vázquez Presedo contra INEM e outros, sobre desemprego, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 16-5-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que, estimando a demanda interposta por María Teresa Vázquez Presedo, contra o Instituto Nacional de Emprego, a empresa Estación de Servicio Las Traviesas, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro o dereito da dita demandante a percibi-la prestación por desemprego sobre unha base reguladora diaria de 4.000 pesetas, condenando os ditos demandados a estaren e pasaren por tal declaración e o INEM ó pagamento dela.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Estación de Servicio Las Traviesas, S.L. que tivo o seu último

domicilio coñecido en Sta. María de Veira, s/n, Carral, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado