Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.651

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (384/2000 OL).

Por telo acordado o maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña nos autos 384/2000 OL, en providencia do día de hoxe anúnciase a venda en pública poxa que terá lugar o día 14 de setembro de 2001 ás 9.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sito no primeiro piso do edificio dos xulgados, rúa Monforte nº 1 da Coruña, dos seguintes bens:

Predio nº 13.062, libro 119, tomo 1.626, Concello de Cesuras, e que consta no folio 037 do Rexistro da Propiedade de Betanzos. Rústica: 2.

Toxeira denominada das Peniñas, parroquia de Filgueira de Barranca, de trinta e dúas áreas trinta e cinco centiáreas. Linda: norte, co predio anterior; sur, con Dolores Sánchez Ayerbe; leste, con muro medianeiro que a separa de máis de Antonio Presedo Ayerbe, y oeste, camiño. Taxada en 800.000 pesetas.

A poxa axustarase ás seguintes condicións e para tomar parte nela os licitadores deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1. Identificarse en forma suficiente.

2. Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

3. Presentar xustificante de que depositaron na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberto no BBVA co nº 1532, clave 64, ou de que prestaron aval bancario polo 30% do valor de taxación dos bens. Se o licitador realiza o depósito con cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no número 2 do artigo 652 da LAC.

4. O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, podendo mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de consignar ningunha cantidade.

5. Só o executante poderá facer oferta reservando para si a facultade de lle cede-lo remate a terceiro.

6. Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriormente expresadas, que se conservarán cerrados polo secretario xudicial e serán

abertos ó inicio da acta da poxa. As ofertas que conteñan faranse públicas coas demais.

7. Se a mellor oferta é igual ou superior ó 70% será aprobada polo xulgado no mesmo día ou o seguinte.

8. Se a mellor oferta ofrecida na poxa fose inferior ó 70% da taxación e superior ó 50%, e se o executante non fixese uso da facultade de pedi-la adxudicación dos bens, aprobarase o remate.

9. Que a certificación rexistral está de manifesto na secretaría.

10. Que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación existente.

11. Que as cargas ou gravames anteriores, se os houbese, ó crédito do demandante continuarán subsistentes e que, polo só feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudicase ó seu favor.

12. En calquera momento anterior á aprobación do remate ou da adxudicación poderá o debedor libera-los seus bens pagando integramente o que se deba ó executante por principal, xuros e custas.

E para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, nos concellos de Cesuras e A Coruña, así como no BOP e no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de maio de 2001.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado