Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.651

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (17/2001).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 17/2001, se acordou a citación de María Pilar Gómez Casanova mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primera Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 17/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a María Pilar Gómez Casanova, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 12 de xuño, ás 11.30 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 5 de xuño de 2001.

A secretaria

Rubricado