Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.643

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de documentalista (grupo II), vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei órganica de reforma universitaria en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de documentalista, do grupo II, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 1 praza de documentalista, do grupo II, do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), polo sistema de promoción interna e polo sistema de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de acceso.

1.4. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.5. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II desta convocatoria.

1.7. Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, ós estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 473/1997, da Xunta de Galicia, do 28 de novembro, ó convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), á Lei

17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e ás bases desta convocatoria.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Seren españois ou nacionais dun estado membro da Unión Europea ou nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos que nesta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Teren cumpridos 18 anos de idade.

c) Estaren en posesión do título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuí-la credencial que acredita a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado de servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Teren a condición de persoal laboral fixo de calquera das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Pertenceren a distinta categoría que á das prazas convocadas nesta convocatoria.

c) Teren unha antigüidade mínima de 6 meses como persoal laboral fixo na categoría á que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitarllo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.

3.2. A instancia irá xunto con fotocopia do DNI.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

-Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo.

-Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

-De conformidade co disposto na base 6.5. da convocatoria, os aspirantes que estean exentos da ralización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros, expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegaren esta certificación non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realiza-la proba á que se refire o número 6.5. desta convocatoria.

3.3. Os documentos xustificativos dos méritos que se van valorar na fase de concurso serán achegados no prazo improrrogable de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do último exercicio da fase específica, polos aspirantes que o superasen da seguinte forma:

3.3.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida pola unidade de persoal da universidade pública de Galicia onde prestaron os ditos servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.3.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia ou unidade de persoal da Administración onde prestase servicios.

3.3.4. A certificación acreditativa dos extremos indicados na base 3.3.1., 3.3.2. (certificaranse os cursos que figuren no expediente) e 3.3.3., expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e engadirase á solicitude do aspirante.

3.3.5. En calquera momento a universidade poderá requirir dos candidatos os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas copias simples presentadas.

3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos parágrafos anteriores farase nos rexistros xerais da universidade, situados no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n),

na Vicexerencia do Campus de Lugo (avda. Bernardino Pardo Ouro s/n, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.5. Os dereitos de exame serán de 3.500 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5.1. Procederase á devolución dos dereitos de exame nos seguintes casos: cando non se realicen as probas selectivas ou cando os aspirantes sexan excluídos definitivamente delas, e, para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-los datos bancarios no epígrafe correspondente da solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de admisión de solicitudes, o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas da exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado.

Para repara-los defectos que motivaron a exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos esgotará a vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición perante o rector no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría segunda das recollidas no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo) e no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas no devandito artigo.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que coide pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.6, as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes có das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais, as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da seguinte convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «T», de conformidade co establecido na Resolución do 14 de febreiro de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, e serán excluídos das probas aqueles que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizase o primeiro deles, así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se coide conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.5. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

6.5.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

6.5.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen os diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, e é necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diploma básico ou superior de español como lingua estranxeira, esta

blecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros, expedido polas escolas oficiais de idiomas ou certificación académica que acredite teren superadas tódalas probas dirixidas á obtención dos mencionados diplomas. De non achegaren esta documentación non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos por esta convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez realizado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación na fase de coñecementos específicos. O tribunal fará pública, para cada sistema de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compsotela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou documento que acredite a súa nacionalidade.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de non teren sido separados mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non se acharen inhabilitados para o exercicio das funcións públicas, nin realizaren actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. Os aspirantes de nacionalidade

non española deberán acreditar que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Certificado médico acreditativo de non padeceren enfermidade nin defecto físico que os imposibilite para o servicio.

e) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33 por cento deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001

P.D. (Resolución 28-5-2001)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

ANEXO I

Denominación da praza: documentalista

Procedemento de selección.

1. O procedemento de selección será o de concurso-oposición. Constará das seguintes fases:

1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio (para sistemas de promoción interna e acceso libre). Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito 2 temas extraídos ó chou, dos correspon

dentes á fase de coñecementos específicos e que figuran no anexo II desta convocatoria.

-Un tema, do bloque I.

-Un tema, do bloque II.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de 2 horas.

Rematado o exercicio, os aspirantes lerano perante o tribunal en sesión pública, o mesmo día no que o realizasen ou ben o día que o tribunal determine.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 20 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 10 puntos.

Segundo exercicio: consistirá no seguinte:

-Resolución de supostos prácticos relacionados co programa do bloque I.

O tempo máximo para a realización desta proba será de 1 hora.

-Proba práctica sobre as bases de datos comunitarias.

O tempo máximo para a realización desta proba será de 30 minutos

Rematado o exercicio, os aspirantes lerano perante o tribunal en sesión pública, o mesmo día no que o realizasen ou cando este o determine.

A puntuación do exercicio será de 0 a 20 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 10 puntos.

Terceiro exercicio: proba sobre idiomas estranxeiros, que terá por obxecto valora-los coñecementos sobre os idiomas inglés ou francés. Consistirá nunha proba oral de textos e preguntas sobre o contido dos bloques I e II (ou referidos á documentación da Unión Europea).

O opositor deberá facer constar na solicitude qué idioma, inglés ou francés, elixe como principal, e cal como secundario.

A duración máxima deste exercicio será de 1 hora.

A puntuación do exercicio será de 0 a 20 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 10 puntos.

1.2. Segunda fase, de carácter selectivo e non eliminatorio.

Quenda de promoción interna.

Coñecemento de lingua galega: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto de castelán para o galego, elixido por sorteo de entre 3 propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto de galego para o castelán, elixido por sorteo de entre 3 propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización destas probas será de 1 hora.

A puntuación total será de 0 a 10 puntos.

Quenda de acceso libre:

Constará de dúas partes:

Primeira parte: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con 3 respostas alternativas das que só unha é correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á segunda fase do programa.

A duración desta primeira parte non será inferior a 30 minutos.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

Segunda parte: constará de dúas probas:

-Primeira proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre 3 propostos polo tribunal.

-Segunda proba: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto de galego para o castelán, elixido por sorteo de entre 3 propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización desta segunda parte será de 1 hora.

A puntuación total das probas será de 0 a 10 puntos.

1.3. Terceira fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos

a) Antigüidade: máximo 10 puntos. Valorarase a razón de 0,069 puntos por mes traballado.

b) Experiencia: máximo 15 puntos. Valorarase a razón de 0,21 puntos por mes traballado na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais ou homologados e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que se puntuará do seguinte xeito:

Cursos de formación recibidos:

-Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

-Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso

-Curso de iniciación dá lingua galega: 0,01 puntos/hora.

-Curso de perfeccionamento da lingua galega: 0,02 puntos/hora

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora de duración do curso.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos.

Valoraranse os seguintes conceptos:

a) Experiencia: máximo 11 puntos. Valorarase do seguinte xeito:

-Na mesma categoría en universidades públicas: 0,15 puntos por mes traballado.

-Na mesma categoría noutras administracións públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

-Noutras categorías nas universidades públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

b) Cursos: valoraranse igual que na quenda de promoción interna, ata un máximo de 4 puntos.

ANEXO II

Denominación da praza: documentalista

Programa.

I Fase: coñecementos específicos:

Bloque I: documentos e bases de datos da Unión Europea.

1. Documentación comunitaria. Características xerais.

2. O procedemento de toma de decisións na Unión Europea e o seu reflexo documental.

3. O Diario Oficial de las Comunidades Europeas (DOCE). Edición en papel e edición electrónica.

4. Publicacións da Comisión da Unión Europea: documentación xeral e documentación bibliográfica. Publicacións das direccións xerais.

5. Os documentos do Parlamento Europeo.

6. A rede Internet ó servicio do Centro de Documentación Europea. World Wide Web e correo electrónico. O sitio Europa.

7. Bases de datos comunitarias. Bases de datos bibliográficas: SCAD, ECLAS

8. Bases de datos comunitarias. Bases de datos de lexislación.CELEX PRELEX

9. Documentos e sitios Web da UE sobre educación e I+D ó servicio do CDE. Principais informacións e documentos dispoñibles das axencias da comisión.

10. O papel do documentalista no CDE: tratamento, clasificación, catalogación, selección e difusión de toda a documentación que se recibe nos centros de documentación procedente dos organismos da UE.

Bloque II: institucións e políticas.

1. Os centros de documentación. Rede de acceso á información e documentación comunitaria en España.

2. A Unión Europea. Natureza, obxectivos e fins. Fundamentos históricos da construcción europea. Os tratados orixinais e a súa evolución ata os Tratados de Maastricht - Amsterdam. A Unión Europea e as súas perspectivas.

3. As Institucións da Unión Europea. O consello e a comisión. O Parlamento Europeo.

4. O sistema xurisdiccional das Comunidades Europeas. O Tribunal de Xustiza. Obxectivos, competencias e recursos.

5. O ordenamento xurídico da Comunidade Europea. As fontes do dereito comunitario. O dereito comunitario institucional. Cuestións xerais, actos

vinculantes e non vinculantes. O dereito internacional.

6. As liberdades fundamentais do sistema comunitario. A libre circulación de mercadorías: o proceso de unificación interna e o proceso de unificación externa. A libre circulación de traballadores: os problemas da libre circulación de persoas na Unión Europea. A liberdade de establecemento e prestación de servicios. A libre circulación de capitais ata xaneiro de 1994, despois de xaneiro de 1994. O sistema monetario.

7. A Política Agraria Común: o Tratado de Roma e a Europa Verde, as reformas da PAC, as implicacións agrarias da ampliación.

A Política Común Pesqueira: a Europa azul, principios e instrumentos, as relacións internacionais en materia de pesca.

A Política Ambiental: unha política ambiental da Unión Europea, 25 anos de políticas de protección do ambiente. O V Programa de acción ambiental, cara a un desenvolvemento sustentable. VI Programa de acción ambiental 2001-2010.

8. A política exterior e de seguridade común PESC: antecedentes, instrumentos e perspectivas. A Europa dos cidadáns.

9. A Política Rexional Comunitaria: a cohesión económica e social. Os fondos estructurais e as reformas: 1994/1999, 2000-2006. O fondo de cohesión.

10. A Unión política: o euro e a Unión económica e monetaria no Tratado da UE. Fases e etapas.

11. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

II Fase: coñecementos non específicos:

1. A Constitución de 1978: estructura e contido.

2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio administrativo.

4. Os recursos administrativos.

5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

6. A Lei de reforma universitaria. As universidades: natureza xurídica.

7. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Réxime económico e financeiro.

8. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Órganos de goberno unipersoais e colexiados.

9. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Clases e réxime xurídico do PAS.

10. III Convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

ANEXO III

Denominación da praza: documentalista

Tribunal titular.

Presidente: Fernando Domínguez Puente, vicerrector de Relacións Exteriores e Proxección Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

M. Isabel Fernández Justo, profesora titular do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Enrique Gómez-Reino Carnota, catedrático do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do comité de empresa:

M. Isabel Braña Tobío, laboral do grupo I da Universidade de Santiago de Compostela.

Aurelio Barreiro González, laboral do grupo IV da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Manuel Boquete Botana, funcionario de carreira da escala administrativa, da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

Tribunal suplente:

Presidente: Luis Concheiro Carro, catedrático do departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

Enrique López Veloso, funcionario de carreira da escala técnica de xestión da Universidade de Santiago de Compostela.

Gumersindo Guinarte Cabada, profesor titular do departamento de Dereito Público Especial da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do comité de empresa:

Andrés Proupín Castiñeiras, laboral do grupo V, da Universidade de Santiago de Compostela.

Luis Alberto Blanco Rivadulla, laboral do grupo V, da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Berta González Rodríguez, funcionaria de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto