Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.642

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, que modifica a do 28 de maio, pola que se eleva a definitiva, entre outras, a proposta de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Por Resolución do 28 de maio de 2001 (DOG nº 105, do 31 de maio) elevouse a definitiva, entre outras, a proposta de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Por resolución do tribunal designado para xulga-lo dito proceso selectivo do 12 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 19 de xuño, estimouse a reclamación contra a puntuación do cuarto exercicio formulada por Susana Mª Vázquez Romero, DNI 32.805.917, no senso de outorgarlle 5 puntos.

Posteriormente con data 15 de xuño de 2001 e por resolución desta mesma dirección xeral aceptouse a renuncia de Pablo Valencia Vila, DNI 32.797.455.

Por iso, de conformidade co disposto nas bases V.2. e V.I. da convocatoria para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), aprobada pola Orde do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 114, do 13 de xuño) e unha vez remitida a modificación da proposta do tribunal correspondente, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Eliminar da relación definitiva de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia a Pablo Valencia Vila, DNI 32.797.455.

Segundo.-Incluír no segundo lugar na citada relación (acceso libre) á seguinte aspirante:

Apelidos e nome: Vázquez Romero, Susana Mª.

DNI: 32.805.917.

Exame 1º: 11,72.

Exame 2º: 17.

Exame 3º: exenta.

Exame 4º: 5.

Nota final: 33,72.

Terceiro.-A aspirante deberá remitir a esta dirección xeral, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os documentos ós que se refire a base VI da orde da convocatoria.

Cuarto.-A dita aspirante será nomeada funcionaria en prácticas, a través de resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, de conformidade coas bases VI.4 e VI.5. da convocatoria.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública