Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.641

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xuño de 2001 de modificación da forma de provisión do posto de Vicesecretaría da Deputación Provincial de Ourense, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense, na súa sesión do 27 de abril de 2001, adoptou o acordo de modifica-la forma de provisión do seu posto de vicesecretaría, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, no sentido de que será o sistema de libre designación, efectuando, así mesmo, a modificación da relación de postos de traballo de conformidade co previsto no artigo 27.2º do Rela decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en relación co artigo 126.4º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Por todo isto, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do

29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

A provisión do posto de Vicesecretaría da Deputación Provincial de Ourense, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, realizarase polo sistema de libre designación con convocatoria pública.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública